Anterior Galería Seguinte

Encoro de Castrelo de Miño.

En exclusiva para a xente que visite estas postais poño catro fotografías de Castrelo de Miño que son unha auténtica gozada, ademais de fotos históricas dunha zona marabillosa. As tres primeiras fotografías son de Xaquín Lorenzo Fernández,  "O Xocas" , un estudioso da cultura galega e que pateou estos lugares...A última fotografía na que se ve perfectamente Castrelo de Miño, antes de facer o encoro é de Julio Freijido facendo prácticas cós alumnos do ITEM de Ribadavia nos Montes de Cenlle, máis ou menos por 1960. Unha fotografía incrible...

Anterior Galería Seguinte