| Anterior | Galería | Seguinte |
|

Xustamente nesa zona está feito o azud do encoro de Castrelo de Miño. O encoro foi feito no ano 1968 (inauguración) e supuso para o Ribeiro uns anos de loita moi grande...

Outra vista. de Castrelo de Miño. Por suposto esta fotografía está sacada na estiaxe total do río Miño, seguramente a finais do verán...
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Para terminar unha auténtica sorpresa sobre Castrelo de Miño nos anos 1960-1968 e que ten que ver có ITEM de Ribadavia. Por eso anos o Instituto tiña a especialidade agrícola-ganadeira. As veces salían o campo a facer prácticas.
Pois ben un día foron entre outras cousas plantar pinos os montes de Cenlle, xusto enfrente tirando o norte de Castrelo de Miño, foron con Julio Freijido que fixo de fot´çografo das prácticas.
Hai unha fotografía no que se ve perfectamente o fondo o estreito de Castrelo antes de facer o encoro.
Esta é a foto, por primeira vez publicada.
Unha fotografía máis de Castrelo de Miño dende os montes de Cenlle.

Para o que non esté situado ver unha fotografía actual sacada dende o pobo de Ventosela que se ve abaixo nesta fotografía.
Fotografía do encoro de Castrelo sacada dende Ventosela. A fotografía é de Julio Puentes. Trátase dunha panorámica que podedes ver completa no apartado de fotografías de Julio Puentes. Entre unha fotografía e outra hai case 50 anos.
Para rematar incorporo unha fotografía o revés:

Nesta fotografía vense os montes de Cenlle e Ventosela dende o lugar onde se fixo a presa. A fotografía está sacada da web de Pesca Sport Ribeiro e descoñezo o autor da misma.
| Anterior | Galería | Seguinte |