CAIXÓN DE SASTRE.

ANO: 1974     Os traballos manuais no Instituto.

Un regalo especial.

Esta troita dibuxada nun corno (en relieve xa que sae para fora...)  foi un regalo especial que me fixo Manuel Portela no ano 1974, inda o utilizo hoxe cando pesco con cebo natural, pódense meter as miocas dentro do corno e consérvanse perfectamente nunha xornada de pesca...

A plaquiña de plata pon "S.Lorenzo 1974".

O que non sei é o que ten ver Luis Lerox (xa me contarás Luis...), que era todo un especialista en traballar este tipo de material,  neste regalo que me fixo Portela. Por aquela,  nos talleres do Instituto facíanse auténticas maravillas, en madeira, con cornos, con todo tipo de material.

Outra fotografía para que teñades referencia do tamaño, está feita na miña mesa actual de traballo e tendes referencias dabondo. Por certo o libro de Nomes do Ribeiro é doutro alumno daquela época Frutos Fernández.

Frutos Fernández.

Nesta fotografía está o meu maestro de pesca Manolo  Portela, que me fixo ese regalo cando marchou para Santiago. Un compañero, un amigo, unha excelente persoa e un maestro...

Por certo non soio me regalou a súa amistade aparte deste corno que vedes, tamén a miña primeira cana de peixe...

-------------------------------------------------------------------------------

Enviar fotografías y comentarios, serán publicadas todas.

Un abrazo: Secundino

mailto:slorenzo@edu.xunta.es

Saír.