CAIXÓN DE SASTRE.

ANOS: 1968-1973

Fotografías enviadas por  Juan José González Canedo, dende Vigo.

 

Outra xoia dos anos 70.

De esquerda a dereita: Chito, Gonzalo, Vitorio, Jose Antonio "Chapa" e Tielas.

Agachados: Jorge, Canedo, Berto e Manel.

Observar que a maioría están de boda...

Seica acertei trátase da boda do Chapote, según Andrés.

 

Nesta competición eu penso que de "burros", non pensedes mal, non sei quen está inda que me atrevería dar nomes: pero o final soio acertei dous.

Os xinetes son Nicolás Casasnovas e Canedo. E os que fan de burros:  Pepín Almuiña e Filiberto Soto.

Equipón de futbol parece "10" hai moitas caras coñecidas.

 De pe de esquerda a dereita: Paco "Catalan", Fidel, Carlos Almuiña, Chito, Rafa, Benito Conde.
Agochados: Antonio Lorenzo, Luis, Celso, Canedo.

Menuda festa. Seguro que nunha clase de Cencias ou algo así, xa me diredes que fai o esqueleto no medio...

Aquí tamén hai que aclarar o chollo. Eu vexo dende logo o Canedo camuflado de gafas de sol, o Cesarito con cara de asustado e o que está agarrado o esqueleto eu xuraría que é Frutos Fernández do que remato de mercar un sensacional libro "Nomes do Ribeiro" que me gustaría que algún día me dedicara.. Un traballo incrible. Pero o mellor non é.

O resto xa irán caendo.

Efectivamente según Canedo trátase dos seguintes:

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo : Canedo, Otero, Frutos, Cesarito, Chao, Cortizo,
Nicolas Casasnovas, Raña e Maximo.

 

 

A música vai ben, esta xente merecía un blues...

 

 

-------------------------------------------------------------------------------

Enviar fotografías y comentarios, serán publicadas todas.

Un abrazo: Secundino

mailto:slorenzo@edu.xunta.es

Saír.