Coñecin tres locàis de ensaio dos varios que tiveron. Quen
millor pode falar desto por suposto son eles mesmos, e Julio en
particular. Pero estes tres en particular teñen o seu “encanto”.
En orde cronolòxico, o primeiro destes tres que eu coñecìn e
frecuentei un tempo, era unha especie de galpón sito no barrio
da Estación, ò comezo da baixada cara o Consello, a esquerda
(evidentemente) según baixamos, moi perto da casa familar de
Manuel (Muito), o teclista, sò unhos cantos metros antes na
mesma acera. Este local, se pode chamarse asi, era màis
parecido a un chamizo, unha chabola,... que a outra cousa. A
verdade era que semellaba moi arriesgado deixar un material
naquelas condiciòns, pensando que daquela se non me equivoco xa
tiñan case todo o mellor material que foron sendo capaces de
adquirir. Alomenos as guitarras Fender, a bateria ou os teclados
penso que xa eran os mesmos que tiveron de ahí en adiante. Non
sei se xa tiñan as cabezas Marshall ou ainda tiñan as de
lámpadas, que se estaban a fundir cada dous por tres ò
quentarse. O risco de gardar o material en aquelas condiciòns non era
pequeno, e non porque llo poidesen roubar, senòn pola exposición
à humidade e as chuvias, ou a un incendio por exemplo. Tràtase
de material electrico fundamentalmente, exceptuando a bateria.
Era un local increíble. Làstima non ter fotos daquel antro. O
rock de garage (chamado asi porque naceu nos garaxes) pareceria
de Versalles (os garaxes de verdade comparados con aquel
chabolo) .
Nesta
fotografía aparecen Julio (Ruso) coa sua
Fender Telecaster flanqueado por Mouse
cunha guitarra acùstica e Javier
soplando o saxo (dixen ben, soplando que
non tocando).
O seguinte local xa parecìa un palacio comparado co anterior.
Estaba tamen no barrio da estación, un pouco antes de chegar ò
Bar Alfonso na mesma acera. Este xa era un baixo, modelo garaxe
ou almacen, espacioso e seguro, ainda que un chisco desarreglado
e polvoriento. Pero comparado co anterior antro, non moi lonxe
dalí, ero o paraíso. Habia espacio suficiente para montar todo o
instrumental con holgura, a amplificación de voces e as
columnas, e a sonoridade tamen era, penso, moito millor. No
local anterior debido ademàis as suas dimensiòns, cando se
xuntaban a ensaiar parecian masificados. Aquí non. Habia
suficiente espacio. Muito, o teclista, xa tiña o tweeter, un
artiluxio para potenciar o sonido dos teclados. E polo menos a
Stratocaster de Paco xa tiña unha cabeza (ampli) Marshall.
Desta montaxe de Pepe Lui saliu a de
abaixo.
Esta fotografía é
unha montaxe que fixen con catro fotografias distintas para
abarcar un maior campo de visiòn dun dos ENSAIOS donde os
Cisnes gardaban o material e ensaiaban. Este ensaio estaba
situado na EIREXA DA MAGDALENA, romànico do seculo XII ou
XIII. A foto anterior tamen està tomada dentro do local de
ensaio que tiveron unha tempada nesa Eirexa. Que tal a
montaxe?
E por ùlimo, o local màis alucinante de todos sen dùbida foi a
eirexa medieval da Magdalena, xoia do románico local. Un
verdadeiro luxo. È deste local do ùnico que teño fotos, ainda que en ningunha
estan ensaiando os Cisnes, salvo nunha na que aparece Julio,
seguramente momentos antes de comenzar un ensaio. Pero pódese
ver parte do material e instrumental : a bateria Honsuy do
Aleman, que tocaba às veces Moncho (Chuca), o baixo Fender Jazz
bass de Venancio, que tocou (ou polo menos o intentou) Javier, e
que aparece nunha foto no intre de sacalo da maleta mentres
Moncho està a montar unha peza da bateria, un amplificador que
non sei se è o Marshall, non se ve moi ben, algunha columna de
sonido, micros,..etc.
Na fotografía o Moncho
/Chuca), tocando a batería Honsuy do Alemán.
Este local, por ser unha eirexa, daquela totalmente vacia por
dentro, salvo algùns elementos dun Club Xuvenil que o cura (¿D.
Benito?) deixara ali, entre eles (o màis apreciado polos que
frecuentábamos o local) un FUTBOLIN. Fútbol e rock’n roll! ...
aquelo era vida, jajaja... A pesar de ter todo o material montado e desplegado con holgura,
ainda asi a eirexa parecìa estar case vacia. Sen embargo, como
non podìa ser menos nunha construcción do románico medieval, a
acùstica era simplemente perfecta. En ningún dos locàis
anteriores sonaba millor todo, e eso a pesar de que a maior
parte da eirexa estaba vacìa.
Aquí os tres que
aparecen tocando, ou facendo que tocamos son Pepe Lui (José
Luis Escudero) coa Fender Stratocaster de Paco (Bailón),
Francisco Javier Gómez Suárez co Fender Jazz Bass de
Venancio Montero, e Moncho (Cuca) coa batería de José Benito
Touza (Alemán). Por suposto tamén se ve un pedazo da cúpula
fa eirexa da Magdalena e na parte esquerda un cacho do
órgano que tocaba Manuel Lorenzo (Muito)
Hai que salientar tamen, como xa dixen noutra ocasión, a
xenerosidade coa que todos os componentes dos Cisnes, e
especialmente Julio xa que a fin de contas era o leader do
grupo, polo menos era o que màis traballaba, o que montaba as
canciòns, o que se preocupaba de que estuvera todo a punto, (ah!
e tamen o que se cabreaba as veces con algùns deles, porque a
verdade era que eran moi boa xente, pero un pouco vagonetas
algún tamen, e se non que o diga Julio..jajaja...) etc... ,
nos deixaron o seu material para ensaiar ou simplemente
disfrutar da posibilidade de tocar con un instrumental e medios
que ainda daquela non estaban fácilmente ò alcance de calqueira,
e que sò sabes a diferencia de sonido de tocar cunha guitarra
española de 1.500 ptas a facelo cunha Fender Telecaster e unha
cabeza Marshall, sò cando o fas realmente. O sonido dos discos,
das canciòns que nos gustaban, non podiamos aspirar a logralo
con guitarras españolas de 2.000 pelas, por moi ben que tocaras.