Los Cisnes

Homenaxe a Los Cisnes , os nosos Beattles de Ribadavia - Lembranzas fotográficas 1970-80. Os ensaios e un video resumen.

Primeira actuación: na boda de  José A.  Zafra Gulín . "Zafra" que lles puso o nome...

Noutra actuación posterior.

          

Cartel de actuación de Los Cisnes. Los Cisnes foron teloneros de grupos musicales de campanillas como "Los Cardenales" o "Nuevos ritmos de Leiro".

 

1.- Historia de Los Cisnes. Grupo musical de Ribadavia.

      (Colabora Julio Puentes. Escribe Secundino Lorenzo).

 

2.- Os ensaios de Los Cisnes.

       (Colabora José Luis Escudero. Escribe S. Lorenzo)

 

3.- Video resumen de Los Cisnes, como contribución ao homenaxe que recibirán nas Festas do Portal de Ribadavia de 2021.:

 

 

Ver en Youtube. Vese perfecto con resolución intermedia, non HD xa que as fotografías, salvo o amanecer sensacional de Julio Puentes, impresionante,  o resto son de media calidade.

 

 

Fotografía de Los Cisnes de Ribadavia.

O video anterior leva  402 (242 a V. 3.02 e 160 a actual V. 3.03)  entradas nas dúas versións  que se puxeron...Datos do xoves 30 de setembro de 2021. Sin lugar a dúbidas un éxito que demostra a gran importancia que tuvo no Ribeiro este gran grupo. (O número de entradas é,  trivialmente,  directamente proporcional ao interés polo evento. Este pequeno paréntesis vai dedicado os meus alumnos do ITEM de Ribadavia...)

 

4.- Homenaxe a Los Cisnes de Ribadavia dia 10/09/2021.

Brevc reseña:

De momento pouco podo aportar desta homenaxe, non hai apenas fotografías, dúas de Miguel Menacho,  e seica ó que se fixo foi unha interpretación de música dos sesenta e setenta por unha banda de músicos da zona.

Atopei despois de moito buscar outra fotografía da homenaxe á Los Cisnes que firma Xosé Bangueses García. Na fotografía o grupo que actuou facendo cancións dos sesenta e setenta. Podedes vela con algún comentario no Facebook Concello Ribadavia. Pero de momento non atopo nada máis...

O final houbo entrega de medallas ? conmemorativas e nada máis.

A xente que asistiu deulle a sensación de que esta homenaxe estaba pouco preparada.

Pola miña banda espero algún día poñer algunhas cousas máis e si pode ser fotografías e algún texto;  de momento soio teño estas dúas fotografías do evento e menos mal:

Seica que soio asistiron de Los Cisnes: Manel,  O Coruñés e Chacoto, que son os que están nesta fotografía entre outros. Fotografía de Miguel Menacho ó que lle dou as grazas.

Fotografía de Miguel Menacho. Na fotografía entre outros Manel.

 

Non entendo como o Concello na súa web, así como no seu Facebook non aparece nada, oficial,  sobre esta homenaxe.

Dende logo estaba anunciado e previsto nas Festas do Portal de Ribadavia de Setembro de 2021:

Esta era a entrada ao evento. A cousa iba en serio...

E dende logo tuvo lugar ese día as 21 horas.

 

O meu email é slorenf@gmail.com por si tendes algunha fotografía máis ou información. Mandaime a ese email cos comentarios que vexades, tratarei de publicalo.

 

 

Entradas ao Homenaxe a "Los Cisnes" en internet:

.-En Google poñendo "homenaxe a Los Cisnes de Ribadavia" xa se pode ver varias páxinas, por certo moi desordenadas,  como sempre fai Google, mezcla e confunde cousas. Non distingue ó importante e traballado das trivialidades, pon no medio páxinas que incluso nin falan de Los Cisnes. Así é Google en Xeral. Pero é o buscador máis usado na nosa latitude. A versión en galego é demencial,  facer a proba que queirades por exemplo escribindo "Río Miño"...Soio pon unha páxina en galego, é lóxico,  a wikipedia en galego. Logo todas en castelán...xa...pero eu teño unha páxina en galego do Río Miño (tamén en castelán) e non aparece na lista, aparecen ducias antes que están en castelán...Pero esto é xeral...Algo pasa verdade?.

Nesto do galego podedes facer unha proba, para reirse un pouco, primeiro poñedes en Google o idioma "galego", logo, metedes a búsqueda, homenaxe a Los Cisnes de Ribadavia,  pulsades a continuación  o apartado "Vou ter sorte"; suponse que sacarán ó link máis importante sobre Los Cisnes. Pois ben,  sabedes cal saca:

La ofrenda a la Virxe do Portal fue por primera vez femenina.

Podedes polo menos sonreir...

 

Por certo deberon ler esta información xa que hoxe, día 15 de setembro, aparece máis ordenado. En primeiro lugar o video, logo os textos...Bueno, bueno...Así me gusta.

 

.-En MSN ou Microsoft Bing poñendo "homenaxe a Los Cisnes de Ribadavia" xa se pode ver varias páxinas, por certo distinguindo un pouco a información. Evidentemente logo dando importancia a Prensa, Concellos etc.

 

.-Por suposto en Facebook A.C. Exaprin foi onde se deu máis información deste evento, está claro. 

 

 

:- Aparece tamén algunha en Facebook Concello de Ribadavia, por exemplo o evento e a fotografía de Xosé Bangueses, de momento. Aquí e onde deberan poñer máis cousas, unha nota oficial tan siquera,  sobre un evento que estaba nas súas festas.

Comprobo que estou bloqueado e non poido entrar. Dou por rematada a miña búsqueda por este camiño, xa me irei enterando por outros canles...

Esto é o que hai de momento.

               Saír

 

Saír