DISFRUTA   DO   RIBEIRO

(Escribe Secundino Lorenzo)

O 16/01/22, leo na Voz de Galicia un artigo que leva por título "Disfrutar de O Ribeiro durante todo o ano", que é unha aposta das bodegas do Ribeiro para facer actividades de enoturismo. Paréceme una gran idea e dende esta páxina web https://iribeiro.es  sumámonos a esta iniciativa,  que nos parece básica e apropiada.  A web da A. C. Exaprin Ribadavia, queda aberta  para engadir cousas sobre O Ribeiro, que nos permitan disfrutalo. Enviar traballos a este email, co asunto "Disfruta do Ribeiro".

Fincas no Ribeiro a carón do río Miño. (S. Lorenzo)

Moi preto deste lugar está proxectado facer o Centro de Interpretación Pai Miño, en Puga (Toén). Terá unha aula dedicada os cultivos vitivinícolas.

Mapa-dibuxo de O Ribeiro.

Disfrutar de O Ribeiro: ver algunhas propostas.

Fotografías do río Miño e O Ribeiro. Secundino Lorenzo

Esp.->O Ribeiro dende o Ceo Miguel Menacho

Esp.->Bancos, miradeiros, canastros e máis. Miguel Menacho

As nosas andainas polo Ribeiro.

Links sobre o viño do Ribeiro.

Algúns videos básicos.

Centro Int. Pai Miño. Puga (Toén) ¡¡¡De momento nada.!!!

Outras aportacións: Caixón de sastre.

1.- Marabillas do Ribeiro. Lugares recup.

2.- Onde comer no Ribeiro.

3.- Anacos de Historia do Ribeiro.

4.- FVR. 59ªFeira Viño do Ribeiro 2022.

5.- FVR. 60 Feira Viño do Ribeiro 2023.

6.- Catro libros que recomendo.

 

 

Actualizado a 04/03/2024

Pampo nunha finca de Prexigueiro. Enfrente Arnoia. (S. Lorenzo)

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mapa do Ribeiro

 

Mapa do Ribeiro. Descoñezo o autor do dibuxo.

Uvas principais do Ribeiro: treixadura, torrentés, lado, loureira, godello, albariño, brancellao, sousón e mencia, entre outras.

Para profundizar nesta denominación tendes este link fundamental:

Denominación de orixen Ribeiro, datos.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Links sobre o viño do Ribeiro.

 

Denominación de orixen Ribeiro, datos.

Especial-->O Ribeiro dende o CeoMiguel Menacho

Especial-->Bancos e miradeiros e canastros do Ribeiro. Miguel Menacho

Link sobre O Ribeiro e o seu viño.

Link conversas sobre o viño do Ribeiro

Link sobre os vales do Ribeiro: Miño, Avia e Arnoia.

O Centro museo do viño de Galicia.

Paseando entre viñedos.  

Xunta Galicia: D.O. Ribeiro

La ruta del vino del Ribeiro. Web

Ruta do viño do Ribeiro. Facebook.

Ruta do viño Ribeiro.  video 5.17. Clúster Turismo Galicia.

24 horas en Ribadavia. El país.

Facebook: Ribadavia e o Ribeiro.

Facebook: Non eres do Ribeiro se...

Guía do románico do Ribeiro.

Video: Ribeiro. Esencia galega8.37 D.O.Ribeiro

Video: la cultura del agua y del vino. 9.55. Asoc. Des. Rural. Leiro

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As nosas andainas polo Ribeiro

Fotografía do noso estreno, andaina marabillosa entre Pena Corneira e Pazos de Arenteiro. 06/02/2010

Estas foron as nosas andainas,  polo Ribeiro,  de Exaprin:

I andaina exaprin. Pena Corneira-Pazos de Arenteiro.

IV. As pozas de Melón.

X.- Castrelo de Miño.

XII.-Carballeda de Avia

XIII.-Arnoia Termal.

Fotografía da última andaina circular con saída dende o balneario e chegada polo río ao mismo lugar, 12/05/2018.

¡¡¡E seguirán as andainas tan pronto nos deixe o covid.!!!

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISFRUTAR  DE  O RIBEIRO

durante todo el año.

Copio de la Voz de Galicia este artículo

El enoturismo hace tiempo que viene dinamizando con fuerza las denominaciones de origen. Los entornos en los que se encuentran y las bodegas. Además de muchos recursos de proximidad. En la segunda denominación de origen más antigua del Estado no quieren perder el paso en el sector y las bodegas y colleiteiros tratan de poner en marcha iniciativas que divulguen su trabajo y aporten un valor añadido más allá de la actividad propia referida a la elaboración y comercialización de los vinos de O Ribeiro. La temporada fuerte para este tipo de propuestas se centra hasta ahora en el otoño, estación en la que se celebran las jornadas de puertas abiertas de las bodegas y en las que se puede disfrutar de un amplio y variado  programa de actividades que van desde las rutas por la denominación de origen, las visitas a las bodegas -catorce participaron en la edición 2021-, a lugares de interés histórico y patrimonial -como Pazos de Arenteiro-, -a museos-como el etnolóxico o el museo del vino de Galicia-o la participación en actividades específicas organizadas para la ocasión. Son varias las empresas o colleiteiros que proponen disfrutar de O Ribeiro durante todo el año. Entre otros ejemplos están los de Viña Costeira, Celme o Gandarela.

 

Viña Costeira. Organiza citas todo el año y se puede disfrutar de las Perseidas, de los recorridos en bici por el viñedo o viajar en Catamarán por el río Miño, entre otras actividades.

Estrellas, tapas y mucho más

En sus instalaciones principales -con el gran viñedo creado hace unos años donde se puede disfrutar de unas magníficas vistas sobre el río y la zona de Castrelo de Miño-y en el Pazo de Toubes -donde se centrtalizan las actividades de etnoturismo- Viña Costeira ha apostado fuerte por mantener una oferta continuada a lo largo del año. Además de sus visitas guiadas y catas, la bodega propone citas para ver las Perseidas, viajes en catamarán con degustación de vinos, ruta en bicicleta por los viñedos, recorridos por las instalaciones y finca de Toubes con su rehabilitada bodega -del siglo XVIII-o sus sesiones de "brunch y vino".

 

Celme. Elaborar tu propio vermú, disfrutar de su tostado o conocer los trabajos en la viña son algunas de las propuestas de la bodega de Astariz (Castrelo de Miño).

 

Del vermú a talleres infantiles.

Jorge Alonso y Dori Rodríguez lideran Celme, un proyecto que simboliza los nuevos tiempos de la Denominación de Origen Ribeiro. Su apuesta por la reconversión a la actividad ecológica o a la recuperación del tostado son algunas de las señas de identidad de esta dinámica bodega. La oferta de actividades es amplia. <<Temos propostas que ofrecen un pouco de todo. Dende a sinxela visita as instalacións aos obradoiros para elaborar o teu propio vermú ou as actividades para rapaces>> apunta Jorge Alonso. También se puede participar en la experiencia de maridaje de sus vinos o del tostado con productos de la zona, conocer los diferentes trabajos que se realizan en la viña a lo largo del año o participar en las catas verticales. En el caso de los más pequeños, en Celme pueden conocer cómo se elabora el vino, conocer los aromas o participar en la búsqueda del tesoro por los viñedos.

 

Gandarela. Su casa de turismo rural, contará pronto con restaurantes, bodegas donde catar sus vinos y las nuevas elaboraciones.

 

Turismo rural y catas.

Poco a poco se van sumando nuevos establecimientos que apuestan por el turismo rural o la restauración. Una de las nuevas experiencias ha llegado de la mano de la empresa Gandarela. En Laias han creado una casa de turismo rural y ya trabajan en el proyecto para recuperar antiguas bodegas. <<En las mismas se podrán degustar nuestros vinos y las elaboraciones que estamos realizando ánforas y barricas>>, señala Olga Penedo.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Algúns videos básicos.

Fotografía no Ribeiro. Finca da Cooperativa do Ribeiro. (S. Lorenzo)

Pequena selección de videos que contan cousas básicas do viño do Ribeiro.

 

Denominación de O. Ribeiro. 1.40. D.O.Ribeiro

Ruta do viño Ribeiro (en galego). 5.17. Clúster Turismo Galicia.

O Camiño do viño. Historia dun arrieiro. 45:25 minutos.

 

Ribeiro. Esencia galega. 8.37 D.O.Ribeiro

Ruta do viño do Ribeiro  7.09. Galicia enteira.

Video: La cultura del agua y del vino. 9.55 A. D. Rural .Leiro

Varios videos sobre o viño Ribeiro.  xx. Ribeiro

Camiño da Geira e dos Arrieiros. Documental.

            Marabillosas fotografías do camiño da Geira.

Outros videos aportados:

Rutas turísticas polo Ribeiro. (Facebook)

Homenaje a la tierra donde crecí. El Ribeiro 5:42 Guillermo González (Cenlle).

 

Video especial. Presentación de libros sobre el vino en Galicia:

 La maravillosa historia del vino en Galicia. 1:26:35  Luis Congil

Outra presentación:

 

   Beber: necesidad y placer. Celso Rey   ( Ver crítica en esta misma página).

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outras aportacións

Caixón de sastre.

Lugar reservado para poñer un pouco de todo ó que sexa interesante para o título de "Disfruta do Ribeiro", por exemplo lugares ímportantes, curiosos...Puntos gastronómicos especiais, etc.

Comenzamos con tres apartados:

1.- Marabillas do Ribeiro. Lugares recuperados.

 

2.- Onde comer no Ribeiro.

 

3.- Anacos de Historia do Ribeiro.

 

4.- FVR. 59ªFeira Viño do Ribeiro 2022.

 

5.- FVR. 60ªFeira Viño do Ribeiro 2023.

 

6.- Catro libros que recomendo.

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.- Marabillas do Ribeiro e lugares recuperados.

      Apartado onde irei poñendo "marabillas" que mandedes;  de momento ver estos seis exemplos. Ó de poñer, de momentos, tantas fervenzas, é lóxico, chámome "Namorado dos ríos galegos"´. Envios ao email do autor da web, ou a membros da A.C. Exaprin Ribadavia.

 

Castro de San Cibrao de Las. (1922 ata hoxe)

Parque arqueolóxico de cultura castrexa.

 

Osmo, pueblo recuperado a visitar. Video//

Situación de Osmo  (Envio de M. Menacho)

 

A fervenza do Barbantiño. Unha marabilla en Punxín.(Envio de S. Lorenzo)

 

O Marco da Eira de Mouros.  (Colectivo A Rula. As. Cultural de Divulgación e protección  de arte rupestre). (Envio de M. Menacho)

 

Carballeda de Avia un ribeiro diferente. (Voz de Galicia)

         (Reseña enviada por Andrés Andrade).

Muíños de Carballeda. XII andaina de Exaprin.

Pena Corneira e outros.  I  andaina de Exaprin.

 

Fervenzas de Melón e Tourón. V andaina de Exaprin 

        Moi preto do Ribeiro. Unhas fervenzas espectaculares.

 

Fervenza da Feixa de Sta. Cruz. Río Cerves.

Moi preto do Ribeiro. Unhas fervenzas espectaculares.

Web de S.L. Fotografía Quique Padrón.

 

Fervenza de Xubin. Wikiloc. (Envio de M. Menacho)

            Fervenza do río Fareixa.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2.- Onde comer no Ribeiro.

Restaurantes propostos por compañeiros que visitan a páxina de Exaprin tanto na web como en Facebook.

O meu email para comunicacións. Tamén podedes usar facebook.

De momento estos son os restaurantes propostos.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3.- Anacos de Historia do Ribeiro.

Neste apartado iremos pondo textos relativos á historia do Ribeiro

 

3.0 Ribeiro como nome: mito e historia. Frutos Fdez.

 

3.1 O Ribeiro non é flor dun día. La Región

 

3.2 Primeiro texto impreso sobre O Ribeiro. Celso Rey

 

3.3 La Vitis Sylvestris, el Ribeiro del Miño y los romanos. Luis Congil.

 

3.4 El río Miño Navegable. Salida del vino desde Ribadavia.Celso Rey

 

3.5 Anotacións históricas sobre a pesca en Francelos. Frutos Fdez.

 

3.6 O Camiño do viño. Historia dun arriero. Ruta do viño do Ribeiro

 

3.7. Camiño da Geira e dos Arrieiros. Documental.

 

3.8. Que rutas seguía o viño do Ribeiro no medievo. L. Martinez

 

3.9. Tostado galego: un viño especial do Ribeiro. Secundino Lor.

 

3.10 Amor y odio: relación entre vino gallego y literatura. Luis Congil.

 

3.11 El vino que curó a los frailes ourensanos. Xavier Castro. La Región

 

3.12 El vino del Ribero, arma secreta en la única victoria de la armada invencible. Luis Congil.

 

3.13 El vino convierte a Ourense en un territorio único en el mundo.

 Luis Congil.

 

3.14 El vino convierte a Ourense en un territorio único. 4 DO.

 Luis Congil.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3.1- O Ribeiro non é flor dun día.

Vexo unha achega de Xosé Carballido sobre o Ribeiro onde escribe esta frase de "interesante re-descubrir que o Ribeiro non é flor dun día" e remite a un texto publicado pola Región de Ourense, con fotografía da I feira Comercial de Madrid en 1923 onde asiste precisamente o rei de España Alfonso XIII.

Un texto interesante para abrir este caixón onde caben cousas similares que falen do noso viño Ribeiro.

  Alfonso XIII y el Ribeiro en la I feira Comarcal de Madrid

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3.2.- O primeiro texto impreso, según Celso Rey, sobre o viño do Ribeiro.

Vexo outra achega de Celso Rey, moi curiosa por certo,   sobre o Ribeiro sobre o primeiro texto que cita o viño do Ribeiro:

Copio ao pé da letra:

..."O primerio texto impreso do que eu teño noticia onde aparece nomeado o viño de Ribadavia débese a un tal Alonso de Toro, coxo e residente en Ávila, segundo consta noutras publicacións.A obra non é mais que un popular prego de cordel impreso en 1532 ou 1533, semellante a os que vendían nas nosas feiras e mercados os cegos e outras persoas eivadas ata os anos sesenta do século pasado.Ten o seguinte título: Coplas hechas por Alonso de Toro coxo sobre la abundancia del vino que Dios ha dado en el año XXXI y en el año XXXII, é dicir, 1531 e 1532, do que se deduce que deberon ser moi boas colleitas, e ao enumerar os mais soados daquela na península di:

Caparica en Portugal
y en Orense y Ribadavia
tanto vino dan como agua
tinto y blanco angelical.

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Restaurantes propostos para comer no Ribeiro

A orde dos restaurantes vai segundo vaian dicindo:

 

 

Restaurante A Lareira en Arnoia.

Coordenadas:  42.3500922,  -7.8612776

Situación: cruce de estradas que levan dede Ribadavia a Arnoia (no cruce vindo de Ribadavia coller para Castrelo e a 300 m.)  e dende Castrelo a Arnoia (300 m. antes de chegar o cruce). Non ten perda. Dudas pulsar este link  Teléfono988 49 29 80

Tipo de cociña: española e portuguesa (carta interesante onde non falta o pulpo a parrilla, o bacallao, a carne e por suposto os pementos de Arnoia. Un día a semán seica teñen cocido)

Opinión positivas: dúas

Control da web: Ro-An

Este control da web son os amigos que visitan o restaurante e informan.

 

 

Restaurante O Birran en Ribadavia.

Coordenadas: 42.287778 ,  -8.142327

Situación: no mismo pueblo de Ribadavia. Plaza Magdalena nº 8. Dudas pulsar este link.

Non ten perda. Teléfono 988472317

Tipo de cociña: Fusión (Carta con non moitas cousas pero moi apetitosas e algunhas curiosas).

Seica o confit de pato, o pulpo ao queixo de tetilla ou as carrilleiras de terneira son os seus mellores platos

Opinión positivas: unha.

Control da web: Pa

Este control da web son os amigos que visitan o restaurante e informan.  Tamén outros como Pa ( Andrés C. do País).

 

Restaurante Sábrego en San Andrés. Ribadavia.

Coordenadas: 42.321597,  -8.108272

Situación: no alto de San Andrés.  Lugar de Camporredondo 1.

Remata de recibir un "sol" na guía Repsol.

O xefe de Sala é Jorge González, que é o xerente da bodega e a casa rural "Casal de Armán". O cociñeiro Marco Varela.

Seica fusionan o recetario tradicional e o producto de calidade, cunha cociña divertida e atrevida. Cociña española. Sorprenden bastante.

A carta moi interesante. Ver este link.

Non ten perda. Teléfono  988 491 809. Reserva mesa: +34 638 04 33 36

Opinión positivas: unha

Control da web: An.

Este control da web son os amigos que visitan o restaurante e informan.

 

Restaurante del Pazo de Toubes. Cenlle. Rioboo 53.

Coordenadas:  42.375694,  -8.097122

Situación: en Cenlle. Pazo de Toubes rehabilitado. Posta en marcha Viña Costeira.

Cociña a cargo do chef  José Carlos Gómez.

Cociña española potenciando os productos galegos: tanto os pescados, lubina salvaxe, corbina ou lenguado da ría; nas carnes potencian a rubia galega e a  e o lomo de vaca madurada. Ten uns platos "de comenzo" moi interesante, onde non faltas os mexillóns, as navallas e o pulpo.

Por suposto pódese acompañar a comida con todos os viños de Viña Costeira, co que se está a elaborar platos de degustación.

Ten aparte unha carta de viños moi ampla e moi ben clasificados.

Este é o menú. Por certo non atopei a páxina web. O menú está sacado do Facebook.

Non ten perda.  Tfno   988477210         608 35 17 35

O restaurante abre de martes a domingo a mediodía e os venres e sábado pola noite.

Ten unha comida maridaxe que se pode reservar na costeira.es ou chamando o tfno 988100051.


Pódese visitar o Pazo de Toubes e degustar os seus viños. Ver este link.

Opinión positivas: unha

Control da web: Me. An

Este control da web son os amigos que visitan o restaurante e informan.

 

 

Restaurante Os Cunqueiros en Ventosela.

N120 , 115 Bajo  32415 Ribadavia- Ourense.

Coordenadas: 42.307051,  -8.101641

 

Situación: A esquerda na N-120, en Ventosela,  indo hacia Ourense. A medio km. da Cooperativa. Vistas o encoro de Castrelo de Miño. Fácil de atopar.

Teñen unha carta bastante ampla con productos de calidade. Especialidade en anguías fritas e callos. Cociña galega.

Non ten perda. Teléfono  988 47 11 98

Opinión positivas: unha

Control da web: Me.

Este control da web son os amigos que visitan o restaurante e informan.

 

 

Restaurante Adega do Deva en A Ponte Trado 11.  32213 Cortegada. Ourense

Ctra. vieja de Pontedeva a Pontebarxas.

Coordenadas: 42.183495,   -8.139926

 

Situación: Ctra de Pontedeva a Pontebarxas. Un lugar moi bonito. O restaureante está nunha bodega. Fácil de atopar.

Teñen unha carta bastante ampla con productos de calidade. Destaca entre outras cousas o bon viño .  Cociña galega.

Non ten perda. Teléfono  660722734

Opinión positivas: varias

Control da web: An-Men-Ro-Se...

Este control da web son os amigos que visitan o restaurante e informan.

A bodega Adega do Vega pode visitarse chamando previamente o tfno. 660722734. Ver este link.

 

 

Seguirá...

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ribeiro como Nome: Mito e historia

 

Este traballo sobre o Ribeiro é de Frutos Fernández González, e está copiado da súa páxina persoal. Un gran traballo como todos os seus. Moitas gracias.

 

 RIBEIRO COMO NOME: MITO E HISTORIA
 
Frutos Fernández González
 
(Traballo publicado en O RIBADAVIENSE na istoria, nº12, ano 2008, pp. 4-5.)

 

Sempre foron as festas de Galicia unha boa ocasión para a desmitificación de institucións e crenzas de todo tipo. Dentro destas últimas, non son as toponímicas as que precisan menos do san exercicio do escepticismo.

 

Na busca das raíces históricas dos territorios, sexan estes pequenos pobos, grandes cidades ou mesmo nacións, sucede algo semellante ao que acontece coa maioría dos estudos xenealóxicos: o obxectivo case sempre consiste en atopar un pasado glorioso sobre o que asentar a realidade presente, a miúdo máis prosaica do que sería desexable. Confeccionou Peñafiel de Contreras a árbore xenealóxica de Felipe III, quen resultou ser descendente directo de Adán despois de cento dezaoito sucesións. O duque de Lerma, valido á sazón, non quixo ser menos e encargou a súa: era parente do monarca aínda que certamente afastado; separáranse as dúas ramas da familia nada menos que en Tros, rei de Troia e bisavó de Príamo e Eneas. É verdade que a maioría das nosas familias fidalgas galegas, certamente máis modestas, contentáronse con ser descendentes directas dos reis godos. Algo semellante pasa coa historia dos pobos. Moi coñecida, e difundida, é a teoría –máis ben fantasía- que identifica  Ribadavia co oppidum Abobriga de Plinio. Igual mérito se disputan: Baiona, Oia, o monte de Santa Tegra, a cidade de Aveiro en Portugal ..... Para complicar un pouco máis as cousas, nin sequera estamos seguros de que o nome correcto fose Abobriga, pois Pomponio Mela rexistrou Adrobriga. Pero non é de Abobriga do que quero falar, senón de Ribadavia e do Ribeiro.

Hai pouco tempo, lía nun xornal un artigo sobre os viños do Ribeiro no que o  autor afirmaba que no século XII xa eran viños moi apreciados. Tratarei de demostrarvos que, se falamos con precisión, isto non é admisible. Existían os viños e xa eran moi apreciados, pero non eran viños do Ribeiro. A razón é sinxela: ¡no século XII  aínda non existía O Ribeiro! E non existindo O Ribeiro malamente se pode falar de viños do Ribeiro.

Como sabedes, “ribeiro” é un derivado do latín ripa, substantivo feminino que fai alusión ás terras que lindan cun río. O substantivo latino aparece detrás do nome desta vila, Ribadavia, antiga Ripa d´Avia. A pesar da claridade do topónimo, un erudito do século XVIII, de nome Juan Antonio de Estrada,  escribía unha disparatada e pouco coñecida interpretación sobre o significado de Ribadavia: «Fundáronla Griegos, compañeros de Diomedes, quando Tuy. Después los Hebreos llamaron Avia al río, interpretado Voluntad del Señor; y como está en sus corrientes y Rivera, juntándose voces se dixo Ribadavia». Pois ben, do latín ripa deriva riparia ‘ribeira’. Non obstante, o riparius masculino preciso para ‘ribeiro’ non existía no latín clásico co significado de ribeira. O riparium de ribeiro é palabra do latín medieval e ten, creo eu, unha connotación de tamaño con respecto á forma feminina ribeira, igual ca cesta/cesto, leira/leiro ou poza/pozo, correspondéndolle nestes casos ó masculino o tamaño maior. Se atendemos á diplomática medieval galega, o primeiro ripario que documento é un Ripario Limie no ano 1145. Logo, atopo varias referencias de Ripario(s) microtoponímicos, isto é pequenas paraxes, na beira do Miño. Concretamente, un documento de Oseira de 1219 fala dun Ripario que podería estar na freguesía de Prado, en Castrelo, e un da Catedral de Ourense de 1265 rexistra outro  Ripario  que eu situaría na freguesía de Puga (Toén). Non obstante, todas esas referencias son de ripario, non de ribeiro. O fenómeno de sonorización das consoantes oclusivas, como é o paso p>b, prolongouse moito no tempo en Galicia. O primeiro ribeiro documental galego, con b, que eu coñezo, nada ten que ver con estas terras e aparece en documento de Samos do ano 982. Trátase dunha doazón que lle fai o confeso Lucito Lucidiz ó devandito mosteiro, que inclúe o “ Ribeiro de Linar Mendiz”, no val do río Neira. Talvez nas nosas terras o fenómeno da sonorización foi un pouco máis tardío, e o certo e que ata o primeiro cuarto do século XIII non rexistro formas con b -as primeiras repiten en varias ocasións o nome do lugar de Ribeira, na freguesía de Lebosende-. É probable que moitos dos ripario(s) documentados nestas terras xa fosen ribeiro(s) na fala antes desas datas, pero, en todo caso, non aludían á Terra do Ribeiro senón a simples casares ou paraxes agrícolas.  Iso é o que explica que existan no Ribeiro pequenos pobos e términos co mesmo nome da bisbarra, é o caso do lugar de Ribeiro na freguesía de San Fiz do Barón.

 

 

 

Terra do Ribeiro, especificamente a Terra do Ribeiro de Avia, comeza aparecer na documentación -e a existir como tal-, arredor do final do primeiro cuarto do século XIV. A primeira referencia que atopo é do ano 1325, nun documento de San Clodio que asina «...Afonso Rodriges notario jurado en terra do Ribeyro da Auia...»A partir desta data, as referencias son moi numerosas. A Terra do Ribeiro de Avia era unha das xurisdiccións baixomedievais que resultara da escisión doutra circunscrición máis antiga, a da Terra de Castela, terra e condado que agrupou ata o século XII todo o que son agora as comarcas do Ribeiro e O Carballiño. A Terra do Ribeiro de Avia tivo unha vida relativamente curta, uns escasos cento cincuenta anos. A derradeira noticia da que temos constancia aparece nun documento do libro de notas do concello de Ourense do ano 1467, un ano moi importante na historia de Galicia. Foi o ano no que o pobo chá ó grito  de ¡Deus fratresque Galletiae! arremeteu contra dos señores e das súas fortalezas na denominada revolta Irmandiña. A iso refírese o documento, onde lemos «... os do Ribeyro da Ávea e dos ditos partidos tomaran e querían tomar en sí as ditas fortalesas e derribaron Roucos e Formygeiro e Pena Corneyra e querian derribar a Peroja e Cabadoso e Juuencos...». Era o ano 1467, o ano no que ¡os gorrións venceron ós falcóns! Como é ben sabido, a alegría dura pouco na casa dos probes, e dous anos máis tarde regresaron os falcóns; esta vez para quedarse. Unha das víctimas daquelas revoltas foi a Terra do Ribeiro de Avia. Nos novos señoríos xurisdiccionais do século XVI xa non aparecía O Ribeiro de Avia. Soamente a Xurisdicción de San Clodio do Ribeiro de Avia mantería o rastro toponímico da antiga terra. O resto do antigo territorio repartiríase entre diversas xurisdiccións, a maioría de señorío do Conde de Ribadavia. Eran Castro Cavadoso, Roucos, Veiga e Carballeda e Ribadavia,  xurisdiccións distintas pero que se  recoñecían na práctica co nome unificador de Condado de Ribadavia. Coincide esa época do século XVI coa de maior fama dos nosos viños, e esta é a razón pola que maioritariamente se coñecen, neses anos, e sobre todo fora de Galicia, como vinos de Ribadavia. Aínda así, a desaparición do Ribeiro de Avia como entidade xurisdiccional non foi capaz de eliminar o concepto cultural e xeográfico do Ribeiro, tan axeitado, que xa quedou definitivamente incorporado ó espírito do pobo galego a través da fala. Desde entón, a palabra Ribeiro expresa, coma ningunha outra, esa confluencia secular e ambivalente dun viño e dunha terra cun País. Por iso non dubido eu de que é O Ribeiro un dos nomes que máis se asocia con Galicia e co galego.

 

En resumo, no século XII aínda non existía o concepto do Ribeiro de Avia, nin como terra diferenciada, nin como entidade administrativa. Existía Castela, e deberíamos falar para esas épocas dos viños de Castela. Xa sei que serán moitos os que renunciarán a tal denominación, uns por considerar innecesarias tales precisións na linguaxe coloquial e outros polas connotacións que pode ter o nome de vellas adulteracións e matutes. Eu diríalles a estes últimos que hai un pequeno matiz:  O difamado matute non se facía con viños de Castela, senón con viños de Castilla, que non é o mesmo. Cousas da lingua, e da HISTORIA.
 
O Carballiño, xuño do 2008

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un Ribeiro para disfrutar.

O Ribeiro por Castrelo de Miño, un día de niebla. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Neste apartado vamos a poñer algunhas das opcións que temos actualmente; algunhas xa as tuvemos no 2022 pero poden volver a repetirse este 2023:

 

Historia e patrimonio. Visita as adegas. Juan M. Casares

 

O Enoturismo do Ribeiro en auge. Creceu un 15%.

 

Disfrutar de O Ribeiro. A Voz de Galicia.

 

Visitando o Pazo de Toubes e outros.

 

Visitando o Pazo Museo do Viño.

 

Viña Costeira: prevee 10.000 visitas este ano.

          Máis cousas de villa costeira.

 

Galicia o bo camiño. Xunta de Galicia-2022:

Paseando entre viñedos.  

 

Ourense o Ave e o Ribeiro: en marcha.

 

Visitando varias bodegas. (Chamar antes)

 

Mais bodegas que admiten visitas.(Chamar antes).

 

24 horas en Ribadavia. El país.

 

Algúns teléfonos de interés nas visitas.

 

Para complementar as túas visitas:

 

Descansa e disfruta unhas horas:  non esquezas as nosas augas termais

 

Ollo apuntarse: Xornadas do viño Ribeiro en Maio do 13 ao 15 de maio de 2022.

Pdf coas normas

Portas abertas do Ribeiro bate records.

250 personas participaron, así como 12 bodegas abertas; as 125 plazas agotadas. Éxito da degustación de viños na igrexa da Madalena de Ribadavia  e os pinchos de Caldaria, O Birrán, Naútico de Castrelo e Sábrego.

¡Enhoraboa!

Próximo evento:

Anuncio: Quesos & Vino ó 28 de Maio do 2022 as 19:00  no Pazo de Toubes. Tamén o día seguinte as 12:00 do 2022

 

Disfruta o ribeiro: espíritu O Ribeiro..

      Agosto 2022

 

Ruta del vino del Ribeiro. Por la tierra del ultraminifundio.

Autor ANA B. GABALDÓN. 

Mayo 2022

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Teléfonos de interés nas visitas.

 

Lugares especiais

 

Pazo de Toubes. Visitas  648237385. Ver o Pazo.

 

Museo do viño Visita  988783075. Ver o museo.

 

Viña Costeira.  Cooperativa Visita 648237385. Visita Viña Costeira.

 

 

Algunhas adegas, que se poden visitar:

 

Adega Viña Costeira. Valdepereira. 648237385. Ver adega.

 

Terra do Castelo , Beade,  tfno. 988471522. Ver bodega.

 

Adega do Val, Pontetrado  tfno. 981295800. Ver adega.

 

Casal de Armán. Beade. tfno. 699060464. Ver bodega e outras.

 

Priorato de Razamonde. Razamonde. tfno. 610142893. Ver priorato.

 

Ramón do Casar. Vide. tfno. 988036097. Ver bodega.

 

Adega Pousadoiro.  Barral. tfno. 667568029. Ver adega.

 

Adega Celme. Astariz. Tfno. 639081810. Ver adega.

 

Adega Cunqueiro. Prado de Miño. Tfno.988489023. Ver adega.

 

Adegas Valdavia. Cuñas. tfno. 669892681. Ver adega.

 

Adega Catro Ferrados. Puga. tfno. 666125969. Ver adega.

 

Adega Sameirás. Ribadavia. tfno. 678894963. Ver adega. Premios.

 

Adega A Vilerma. Gomariz. tfno. 673971892. Ver adega.

 

Bodega Nairoa. Arnoia.tfno.  988492867. Ver a bodega.

 

Bodegas Mauro Estévez. Tfno. 696402970. Ver a  bodega.  Premios.

 

Adega Doña Elisa. Tfno. 609281616. Ver bodega.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Disfrutando os viñedos galegos.

Paseando entre viñedos.  Galicia el buen camino

Fotografía da web da Xunta Galicia. Marzo 2022. Descoñezo ao autor da fotografía.

Propostas da Xunta en 3 dias.

Planifica a túa Viaxe.

 

Priorato de O Ribeiro.

Laias e os Viños do Ribeiro.

Web:  Galicia unha experiencia enoturística.

Web xeral:  Galicia o bo camiño. En 9 idiomas.

 

Gran páxina web en construcción. ¡Enhoraboa!

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

La ruta do Viño aprovechará EL ave

La Ruta do Viño do Ribeiro, que cuenta actualmente con 50 asociados entre bodegas, balnearios, restaurantes, casas rurales , museos,  concellos, empresas turísticas y  Consello  regulador da denominación de orixen;   aprovechará el AVE para dar un nuevo impulso al enoturismo en Ourense; contará con siete periodistas de ámbito nacional,  especializados en turismo y en gastronomía.

Saldrán reportajes y artículos los días 27, 28 y 29 de abril.

Estaré atento.

Este fue el artículo que apareció en La Región  el 09/04/2022:

 

A ruta do Viño do Ribeiro ten esta páxina web.

Tamén está en Facebook:

Ruta do Viño do Ribeiro en Facebook.

 

Volver