Andaina dos
Muíños de Carballeda de Avia
"Ruta dos Muíños" (Día
06 de maio 2017)

Trátase dunha ruta marabillosa moi preto
de Ribadavia. A duración vai sobre unhas tres horas e a
dificultade é baixa.
Son 7,2 km cunha altitude máxima en Pena
Corneira 600-800 m. Está en estudio onde empezamos e onde
rematamos, xa que a ruta completa pasa dos 17 km.
Penso que podermos empezar no pobo de As Fermosas e logo
baixando chegar a Veronza e logo a Carballeda de Avia. Son xustos os 7,2 km.
Ver este mapa:

En bermello forte tendes a posible ruta
empezando en As Fermosas camiño da A Xunqueira, Sariñas e
rematando a etapa en Abelenda. Logo seguir baixando ata os muíños de
Trigás, os de Bullón a Veronza e finalmente Carballeda.

Aquí tendes a ruta de ezquerda a dereita e
tamén o perfil de altitude de dereita a esquerda. Vamos de 645 a 219 m.
Ou sexa cara abaixo.

Mapa da zona. As Fermosas está a 6,5 km. de
Carballeda de Avia, camiño a Vilar de Condes
A ruta vai polas terras de Carballeda de Avia, onde
actualmente ofrece tres rutas a Ruta dos Muiños, que é a que faremos, a
Ruta dos Bolos e a Ruta dos Cabalos. Carballeda de Avia sorprende no Ribeiro e
habilita tres rutas que debemos facer nos próximos anos. A miña enhoraboa
anticipada no nome de Exaprin Ribadavia.
Este sensacional video de Vimeo resume as tres
rutas sensacionais de Carballeda de Avia: a Ruta dos Muiños, a Ruta dos
Cabalos e a Ruta dos Bolos.
Nós faremos
a Ruta dos muíños pero quedarán pendentes as outras dúas.
Ver o video que merece a pena.
Camiños Naturais de Carballeda de Avia (GAL) from Concello de Carballeda de Avia on Vimeo.
Tamén tendes varias páxinas web para ver
esta ruta con detalle:
A de maior detalle.
Mapa da
ruta en bermello.
Ver as rutas en wikiloc.
"Sudando botas" información e fotografías.
Ver
estas fotografías marabillosas.
Páxina de Carballeda.
¡Realmente espectacular!
---------------------------------------------------------------
Esta foi a convocatoria:

XII
- ANDAINA EXAPRIN
RUTA DOS MUIÑOS DE CARBALLEDA DE AVIA
PARQUE
NATURAL DE PENA CORNEIRA
06 DE MAYO DE 2017
PROGRAMA
10:00 Punto de
encontro na alameda de Carballeda.
10:30 Comenzo andaina das Fermosas a Veronza-Carballeda.
Lonxitude; 7,2 kilometros
Grao de dificultade: muy fácil ( todo en baixada).
14:30 Xantar de confraternidade no restaurante A Quinza.
(A
Quinza é o Restaurante que está na nacional 120 a saída antigua de
Ribadavia a Ourense, a man esquerda despois da gasolinera. Alí comimos
na I andaina de Exaprin. Xa choveu...non o que quiséramos...)

Restaurante A Quinza onde
comeremos as 14:30.
--------------------

Ruta dos Muíños de Carballeda de Avia.
Volver o principio.
Estos estuvimos en la XII andaina.
Comenzamos nas Fermosas e rematamos na Veronza.
Este gato foi testigo da nosa andaina.