Esta será a andaina polos : Muíños de Folón e Picón no Rosal.
Día 22 de novembro 2014.

Esta fotografía é miña. Son espectaculares e unha boa andaina para patear, costa arriba os primeiros e costa abaixo os outros. Conocémola ben tanto Julio Taboada (Páxaro) como eu. 4 kms. máximo. O lugar merece a pena. O Rosal non queda moi lonxe...
Tranquilos son soio 3,5 kms. Dous de subida e o resto de baixada. Non hai problema...
A andaina é circular como vedes. Non iremos a Ermida de San Martiño.

Outra imaxen da ruta. Eu soio coñezo os muíños de Folón. Pero os de Picón están a carón destes.
Marabillosa de verdade. Merece a pena, sobre todo si non chove. Si chove xa sabedes: paraugas...
Esta será a andaina a facer o día 22 de Novembro de 2014. Xa está decidido.
Quedan por decidir flecos, iremos en autobús como sempre, faremos a excursión e trataremos de comer nun lugar axeitado; concretamente comeremos no Restaurante Glasgow, moi preto de Oia.

De momento podedes ver a miña visita o lugar, fotografías muy boas como corresponde e información de primeira man, para que vós animedes.
Esta é a excursión que vamos facer, pero completa xa que eu soio vin os muíños de Folón (36 muíños) , veríamos tamén os de Picón (24 muíños) e máis cousas. Merece a pena...
Saldríamos as nove de Ourense (Pabellón de deportes) e as 9:30 de Ribadavia (Bar Caracas). Sería para chegar e poñerse a andar as 11:30 (tomando un cafe na ruta xa que como moito son hora e media). Os catro kms. da ruta dos muíños poden levar un par de horas. Comeríamos as 14:30 aproximadamente.
--------------------------------------------------------------------
VIII - ANDAINA EXAPRIN RIBADAVIA
"Socios da A.C. Exaprin Ribadavia e amigos"
Vamos ós Miños de Folón e Picón no Rosal (Pontevedra).
Data: 22 de novembro de 2014.
· Saída dende Ourense en Autobús as 9:00 horas, dende o Pabellón dos Deportes como sempre.
· Pasamos por Ribadavia con recollida no Bar Caracas as 9:30 horas.
· Parada entre Tui e A Guarda para tomar un café; sobre as 10:30
· 11:30 chegada o comenzo da ruta. Muiños de Folón.
· 13:30 Final da ruta. Muíños de Folón e Picón. Total 4 kms.
· 14:00 Desplazamento entre o Rosal e Oia. Visitas ó Mirador da Guarda e a Oia (20 kms. dos muíños)
· Comida as 14:30 no Hotel Glasgow (Viladesuso. Estrada da Guarda a Baiona. a 2 kms. de Oia). Regreso por Baiona.
Si queres disfrutar dun día marabilloso, nun lugar único de Galicia: tes que ingresar o importe de 32 euros na conta que Exaprin ten en ABANCA en Ribadavia, indicando no ingreso o nome da persoa ou persoas que van asistir. A conta é o número
ES77 2080 5332 8730 4003 2481
A fecha tope de anotarse será ata o 20 de novembro.
O precio por persoa é de 32 €, todo incluido (autobús, café e comida)

Inicio | Asociación | Faite socio | Actividades | Foro | Historia | Documentos | Email | Enlaces