Superoito: videos da época
Iniciamos a
colección de Super_oito e videos da época cunha película
filmada en Superoito por un grupo de alumnos de
Ribadavia que aproveitan unha visita ó encoro de
Castrelo. Faime chegar o enlace Gregorio García o que lle
dou as grazas por iniciar esta colección. O video está
filmado con moito gusto e o cámara recréase na visita o azud
da presa, tamén na famosa Ponte de Castrelo e incluso o
monte onde está situada a iglesia de Castrelo. Os actores
incribles e sobre todo moi atléticos...
Esperemos que se anime
a xente e que mandedes algunha xoia.
Producións
Pepe_Viñas& Cía
Non funciona. Tendes que suministrar o link. Foi Gregorio o que
mo mandou.
Tamén vos poño o principio dunha
filmación feita por mín no ano 1973. Tiña por costume,
cando me invitaban a unha boda, regalar a película
en superoito, fixen unhas cantas, esta é o comenzo dunha
onde podedes ver o director S.L.F. filmado polo propio
director. Esto do director é unha coña...Algún día
contarei por qué soio fixen catro películas de bodas...
Producións
S.L.F. & Cía
¡Animarse e
mandar videos da época!
Este é o meu email.
Saír.