V-ANDAINA EXAPRIN-RIBADAVIA 20/10/2012.

 //

Integrantes da V Andaina Xurés-Via nova Antonina XVIII. Fotógrafo arriba: Álvaro.

De esquerda a dereita os 22 que fomos: Secundino, Leticia, Quique, Carla, Celsa, Loli, Berta, Nicolás, Andrés, Bendaña (agachado. Cantos orgasmos seteros tuveches ese día...amigo), Chiqui, Soco, Mariano, Fina, Ana, Demetrio, María, Menacho, Belén, Aida e Sita.

A todos: grazas por este día marabilloso. Canta Pilocha "O Sancristán de Coimbra" para todos vós, unha canción preciosa, que tamén grabamos...pero hai que ensaiar un pouco máis e aprender a letra...

Sobre esta fotografía da Corga da Fecha en Lobios (de Álvaro), en plena via Nova, non tendes máis que pulsar nos círculos de pedriñas para ver as fotografías e o video. O video está elaborado cunha selección de  fotografías de Álvaro, Quique, Leticia e Manacho as que lle engadín algunhas de Secundino e de María.  Por certo estamos sin fotografías, Google+ é así...umha mágoa... Ollo Álvaro recuperou as fotos. ¡Noraboa!

Detalles da andaina:

Itinerario, horario e comida.

Chuleta da andaina.

Video resumen de Secundino

Fotografías deÁlvaro

A andaina na Región de 23/10/2012

 

 A música que sona é:

"O Sancristán de Coimbra", canta Pilocha/1978.

¡Sensacional interpretación!. Tomade nota...

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

V ANDAINA EXAPRIN "O XURÉS" ?

Fixémola no mes de outubro, como as dúas anteriores. 20 de outubro de 2012

Aquí tendes a famosa Via Nova dos romanos ou tamén chamada via XVIII do itinerario Antonino, unha das máis importantes vias de Galicia xunto coa XIX e XX. Esta vía unía Braga e Astorga e os seus fins eran simplemente comerciais e administrativos. Foi rematada no ano 79 d.C. Tiña 220 millas e 11 mansións. E a vía que ten máis miliarios e máis pontes conservadas do mundo. A ponte do Bibei nos Codos de Larouco é única.                   

 

Pois ben,  parece ser que este, que vedes no dibuxo,  cientificamente,  é o seu trazado polo menos así o firma o profesor Antonio Rguez. Colmenero. Tamén Santiago Ferrer. A nosa proposta  é recorrer un bon trozo desta vía, concretamente dende un lugar  preto da zona romana Salaniana ata Aquis Querquensis. Xa sabedes, sobre todo os de Ribadavia que sodes peritos neste tema dos romanos,  que estos lugares como o Aquis Originis que o visitaremos ou o Aquis Querquensis eran lugares de descanso, cambio de cabalos etc.

 

Esta foi a nosa proposta de Andaina-lúdico-histórica-gastronómica.

Miliarios da vía nova romana XVIII no Xurés.

 

 

 

O Xurés en Lobios

Posible andaina-Calzada romana.

Vía romana XVIII do itinerario Antonino.

Braga-Astorga.

 

Esta sería a nosa andaina en canto a Via nova.

Miliarios da vía nova romana XVIII no Xurés.

 

 

Calzada romana reconstruida.

 

A Corga de Fecha. Espectacular.

 

Faremos unha visita o Aquis Originis un centro de relaxación romano. ¡Como vivian estos tíos!

 

.

Aquis Querquennis no encoro das Conchas.

 

 

Seguramente teñamos una reunión nestos miliarios romanos que están na via romana XVIII de Braga a Astorga e que vedes a esquerda. Casi na fronteira portuguesa de Portela do Homem.

Os miliarios  a uns kms. de Salaniana, outra parada pero en Portugal, no Gerês (está en Vilariño das Furnas).

 

 Logo seguiremos pola vía romana que está reconstruida para chegar a Corga da Fecha e facer un pequeno recorrido paisaxístico e ecolóxico, os que queiran. Merece a pena o recorrido. Espectaculares pozas (verdes) e fervenzas...Unha pasada...

 

Seguidamente seguiremos a ruta para chegar o Aquis Originis, unha parada de descanso e placer da via XVIII;   e de aquí o Balneario de Lobios.

 

 

Para comer na zona hai  moitos sitios moi bons, de bon comer; boa carne hai na zona...de aquí son as "vacas cachenas". Podemos comer por exemplo no Lusitano de Lobios ou mismo no Balneario de Lobios,  que ten cociñeiros de sona...

A estudiar.

 

---------------------------------

Pola tarde, de regreso,  propoñemos seguir a via romana, pero no carro romano, mellor cuádriga,  que seguramente goberne o noso compañeiro Aparicio, un home que ten demostrado dabondo a súa pericia neste tipo de vías e outras...  para visitar o campamento militar romano Aquis Querquensis.

Esta é Ponte Pedriña, por onde pasaba a Vía Nova que en 1944 foi declarado Monumento Histórico-artísitico, para en 1949 quedar baixo o encoro das Conchas.... Está xunto o muro da presa e nons se pode ver hoxe

 

Neste campamento veremos, si temos tempo, onde se bañaban os xefes daquela. Tamén falaremos da lenda de Ponte Pedriña que hoxe está baixo o Encoro das Conchas e por onde pasaba a autovia  dos romanos a Via Nova.

 

Campamento romano un pouco máis pequeno que o Aquis Querquennis, que seica tiña hospital, entre outras cousas, pero que da una idea...

 

Desta forma completamos a vía romana na zona, que está poñéndose en valor.

Este foi o programa:

V - ANDAINA  EXAPRIN

Vamos de romanos ó Xurés (Casi Portugal...).

 

 De novo propómosvos unha Andaina organizada pola  A.C.Exaprin, dentro das actividades que pretendemos facer todos os anos.

 Agora queremos celebrar a V Andaina  que chamaríamos “Via XVIII-Braga-Astorga” e sería co seguinte programa:

Data: 20 de outubro de 2012.

·        Saída dende Ribadavia en Autobús  as  9:00 horas. Dende o Bar Caracas  de Ribadavia.

·        Recollida en Ourense Pabellón dos Deportes as 9:30 da mañán a xente que vai dende Ourense  (Avisar os que van dende Ourense)

·        Parada en Bande para tomar un café e o que se tercie.

·        11:30 chegada os Miliarios de Portela do home. (Fomos ata Portela de Homen)

·        Ruta desde os Miliarios ata a Corga da Fecha. (2 km. +1 km.)

                      2 km. ata a corga da Fecha e logo en plan voluntario, uns quedarán vendo as pozas e o muíño e outros subirán a sacar fotografías da Corga un pouco máis arriba. Sobre 1 km. moi duro. Unha ruta onde a botánica vai sorprender...

·        Visita Aquis Originis. Chegada o Balneario de Lobios  sobre as 13:30. (2 km.)

·        Comida no Lusitano de Lobios. Hora 14:30

Menú:

Callos limiaos (especialidade da casa) ou  Fabada (leva a maiores  xabarín)

Tenreira asada con guarnición de champiñóns e pàtacas ó forno.

Arroz con leite. Viño. auga e cafés.

·        Pola tarde visita ó Aquis Querquensis dentro da via XVIII. Campamento romano da Limia. Regreso sobre as 20 horas.

     Si da tempo visita a virxen do Xurés, preto de Vilamea.

Si queres disfrutar dun día con encanto é moi doado: tes que ingresar o importe de 23 euros na conta que Exaprin ten en Caixanova en Ribadavia, indicando no ingreso o nome da persoa que vai a participar. A conta e o número   2080   5332   87   3040032481.

 A fecha tope de anotarse será  o 18 de outubro.

O precio por persoa é de 23 €, todo incluido.

É unha ruta moi faciliña, un paseo turístico fantástico.

 

Volver o principio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A andaina na Región de Ourense

 

Volver o principio.