San Trocado.
Autor das fotografías :
Miguel Menacho
Serie: Lugares preto de O Ribeiro.

Neste mapa de Google Earth vese a Capela de San Trocado, a
esquerda, e que está no Monte de San Trocado entre os concellos de
Cenlle, Punxín e San Amaro. A cima de todo onde está a capela tén
554 m. de altura s.n.m.. A capela está na freguesía de San Cibrán de Las (San Amaro).

Aquí vese o Monte San Trocado e a forma de
chegar ata a capela. Bastaría ir a Ourantes e a poucos metros coller a
esquerda. Ver o mapa.

Neste mapa dibuxo vese a súa situación.
A cabalo entre Cenlle, San Amaro e Pûnxín. É concretamente no concello de
San Amaro. Freguesía de San Cibrán de Las (San Amaro-Ourense).

Capela de San Trocado.

Na zona hai un vértice geodésido do Instituto Xeográfico.

Na zona hai un vértice geodésido do Instituto Xeográfico.

A Capela de San Trocado.

A Capela de San Trocado.
Fotografía especial 360º

Dende a capela vese o río Miño e a desembocadura do río
Barbantiño.
Dende o mirador vese destacado a Serra da Martiñá (1.037 m; en Cea) cara
ó norte, e do Coto de Novelle (715 m; entre Castrelo de Miño, A Arnoia e
Cartelle) cara ó sur.
A vista é impresionante. Ver a fotografía 360 de Miguel
Menacho.
Pulsando podedes ver a fotografía 360 no Facebook de Miguel Menacho.
Sobre a Capela de San Trocado, escribe Frutos Fdez. Glez. no
libro "Nomes do Ribeiro", "...que é un excelente mirador sobre os ribeiros
do río Miño e do río Barbantiño. No lugar que ocupa a capela do santo, existiu
un antigo poboamento que segundo os estudios arqueolóxicos realizados, data dos
séculos VII ou VI antes de Cristo, antes da ocupación da cidade de
Lansbricae, , é dicir, do castro de San Cibrán de Las. Deste
antiguo poboamento aínda se conserva algún resto da muralla.
...A devoción de Galicia de San trocado, San Torcuato en castelán,
é moi antiga e existen varias freguesías nas que se celebra a súa festa... San
trocado foi un dos sete discípulos enviados por San Pedro para a evanxelizaión
da Península..."
Para saber máis:
San Trocado. wikipedia.
Volver