TABLÓN DE ANUNCIOS DA WEB.

IX Xuntanza bianual,  27/05/2017. Convocatoria.

IX bianual. ¡Gracias a todos un éxito total!

IX  Xuntanza bianual 27052017. "No vida".

 

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IX-Xuntanza anual na Veronza.

Este ano volvemos a facer a nosa Xuntanza anual. E xa vamos pola novena.

Xa sabedes que intentará ser na Veronza e no último sábado do mes de maio, ou sexa o día 27.

Aquí tendes a convocatoria:

9ª XUNTANZA EXAPRIN

Sábado 27 de Maio de 2017

As 12:30 horas: recepción asistentes  no salón de actos do Instituto IES O Ribeiro

As 14.30 horas: XANTAR de confraternidade na Veronza (si chove,  no pavillón de deportes).

Menú: pulpo á feira, carne a ó caldeiro, bica, viños do Ribeiro, café e chupitos.

Precio: 30 euros (neste precio vai incluida unha pequena axuda para gastos da asociación).

As invitacións pódense mercar no Bar Caracas ou ingresando na conta de Exaprín

en Abanca, conta nº: ES77 2080 5332 8730 4003 2481

   

¡Volvemos a xuntarnos! ¡Todos a Veronza o día 27 de maio!

 

Volver o principio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.........

IX Xuntanza de Exaprin Ribadavia

Un día máis, e van nove, nos que un grupo de alumnos do ITEM de Ribadavia e algúns profesores da etapa 1967-1977 nos xuntamos no noso Instituto, que hoxe se chama IES "O Ribeiro",  para dar conta da nosa Asociación Cultural Exaprin Ribadavia e lembrar moitas vivencias.

No salón de Actos non estuvemos moitos, a nosa xente hoxe non é moi madrugadora, pero logo no xantar si que estuvemos 46 o cal é motivo para estar moi contentos, a pesares do día que nos obligou a facelo a cuberto, concretamente no Pabellón de Deportes do CPI Tomás de Lemos.

Os que asistimos á reunión das 12:30.

Por certo  na reunión deuse lectura da última acta de reunión así como do estado de contas, ben na liña da crisis actual. No balance do último anos non chegamos os 4 €.

Acordamos no futuro seguir coas Xuntanzas cada dous anos. Ou sexa que a proxima sexa o último sábado do mes de maio de 2019.

Tamén estuvemos visionando un video resumo da anterior xuntanza de 2015 e tamén das catro andainas que fixemos nestos dous anos.

 

Ollo que ten 25:40 minutos, tomalo con calma pero merece a pena.

 

 

En canto a comida decir simplemente que saímos todos contentos e felices.

Sempre hai incorporacións de xente que non veu nunca ó que é de agradecer; e dende logo outra xente que está apuntada de por vida...

 Houbo algunha reivindicacións de que estas xuntanzas se celebren anualmente, pero de momento farémola cada dous anos.

Nada máis,  agradecer as facilidades e o traballo aportado por José Antonio Fernández Ferreiro, Director do IES "O Ribeiro" de Ribadavia, o noso instituto, ter o IES aberto, o Salón de Actos impecable, con megafonía incluida e os medios informáticos a nosa disposición, e inda por riba acompañarnos todo o día, non se paga nada máis, nada temos, que con agradecimiento e amistade. ¡Moitas gracias José Antonio!.

Tamén agradecer o Concello de Ribadavia ó poñer a disposición o campo da Veronza, a pé do río Avia, , inda que logo non ó usamos por cuestións climatolóxicas. Por suposto tamén agradecer a direción do CPI Tomás de Lemos por poñer a nosa disposición a parte Deportiva do centro así como os baños. Moitas gracias.

Finalmente moitos abrazos, outra cousa non podemos dar, polo traballo impecable que sempre fai o noso compañeiro de directiva  Julio Puentes. ¡Todo impecable Julio!...

 

Fotografias da Xuntanza. Fot.: Álvaro García.

Fotografías da Xuntaza. Menacho.

Volver o principio.