Na Xuntanza deste ano 2013, celebrada na
Veronza a carón da piscina, recibín un agasallo que non
esperaba. Dúas fermosas mozas, compañeiras e amigas, María e Charo, fixéronme entrega
deste moneco pescador, camiñante, matemático, membro de Exaprin
Ribadavia, con cara de bonachón, un pouco barrigudo, con moitas
troitas de cores, e un longo etc. Moneco precioso e que
como vedes na fotografía, figura xa como membro da familia
e da miña casa ó carón doutros trofeos e afeccións...
Andrés fixo a presentación e foron todo
eloxios cara a miña persoa...Seica son responsable de que xa
fai cinco anos teñamos estas xuntanzas e fagamos moitas andainas
pola xeografía galega...Quedou claro que Andrés é un bon amigo e ademais tira pra casa, como membro da directiva de Exaprin
da que eu son Presidente de momento...
Sei que teño moito que ver
con que Exaprin Ribadavia marche ben e faga cousas e sobre todo
que a xente esté contenta e animada, coa que está caendo, pero tamén sei que
sin a colaboración de moita xente, todos amigos e compañeiros,
non sería posible casi nada. Por eso a mín "caeme a baba"
, cando me entregan un agarimo como este, pero recoñezo que é demasiado.
Tamén dixen unhas palabras pero non iba
preparado e deixei algo no tinteiro, algo que me gustaría
explicitar, deixeino caer pero gustaríame escribilo.
Richard Gere, un gran artista e un tipo
especial, dixo un día nunha entrevista: que nunha
etapa da súa vida estudiou e practicou o "budismo" e que había aprendido
millóns de cousas boas. Si tuvera que elexir unha, decía
Richard, escollería á
da "mente iluminada ou bodhicitta". Pois ben eu non son
partidario nin desta nin doutras doctrinas, pero todas elas teñen
algo bon e o que dixo Richard Gere gustaríamo decir o outro día xa
que me parece básico na vida:
" si una persona es capaz de desarrollar
unha motivación desinteresada, todo el universo cambia
alrededor. ¡Así! [Chasquea los dedos]. El budismo lo llama
bodhicitta o la mente iluminada. Cuando la
flecha no apunta hacia tu interior, si no que apunta hacia
fuera, el mundo cambia de manera radical..."
Pois ben, eu sinto eso exactamente, con
temas como Alberguería, que sabedes que fago desinteresadamente,
ou temas de natureza e a súa conservación, ou cando estou ou
fago algo cós compañeiros e
amigos de Exaprin...e cando son capaz de ter unha motivación desinteresada, en principio,
e apuntando a
flecha fora de mín... vivo o que dice Richard...
O final, a flecha regresa cargada de cariño,
de respeto e de moitas máis cousas. Merece a pena e estou
orgulloso de todo elo.
Si algún non
entendeu o que quero decir, ou ten dúbidas, podémolo aclarar
calquera día, que invite a unhas copas e listo...
Queda dito...
Moitas gracias. Gustoume o
detalle moitísimo.

Fotografía de Andrés, e as mozas das que falo:
Charo e María.