Ribadavia, cinco de
maio del 2009.
Queridos alumnos/as e
compañeiros do Instituto de Bacherelato de Ribadavia:
Son Secundino
Lorenzo e escribo no nome da Asociación Cultural
Exaprin Ribadavia, G32393191, que foi constituida no
mes de febreiro do 2009 e que ten como socios ex_alumnos e
ex_profesores da década 1967-1977 do Instituto de Ribadavia.
Quero facervos dúas
invitacións:
1.- Invitarvos a 2ª
XUNTANZA-XANTAR de ex_alumnos e ex_profesores que terá
lugar o día 30 de maio as 14:30 no lugar da Veronza en
Ribadavia.
Para asistir a Xuntanza-xantar,
o que tamén poden ir os vosos parentes e amigos, será
necesario retirar as tarxetas-invitación,
previo pago de 27 €, nos seguintes lugares.
1.1.- Bar
Morto de Ribadavia e tamén no Bar Caracas.
1.2.- Tamén
podedes ingresar, 27 €, na Conta da Asoc. Cult.
Exaprin Ribadavia que temos en Caixanova de
Ribadavia co nº 2080 0332 92 0040032486 . No
pago tendes que poñer “2ª Xuntanza Exaprin” así como o
nome e apelidos.
Na tarxeta-invitación
figura o menú a base de pulpo á feira, carne ó caldeiro, pan
de bola, bica galega, viño blanco do Ribeiro e tinto Mencía
do Barco e chupitos de licor café e outros. Haberá tamén
unha charanga.
As ventas rematan o día
26 de maio a tarde.
2.- Invitarvos a que
formedes parte da Asoc. Cult. Exaprin Ribadavia; formada por
compañeiros de aqueles anos do ITEM de Ribadavia logo INB
de Ribadavia. Os nosos fíns son simplemente manter vivas as
lembranzas daqueles anos. En Internet na súa páxina
http://www.iribeiro.es tendes os estatutos e a forma de
darvos de alta. De tódolos xeitos bastaría que á dirección
de Exaprin que é a seguinte:
Asoc. Cult. EXAPRIN
Ribadavia, c/ Progreso 131 -3º, 32003-Ourense
enviásedes os vosos
datos, sin esquecer o DNI e a data de nacemento. Non hai
cuotas de pago.
E nada máis, que
sepades que na 1ª Xuntanza, que foi no ano 2008, estuvemos
oitenta compañeiros, que se deron o placer de volver a
verse despois de moitos anos. Foi emocionante…Este ano
queremos duplicar o número, e dende logo contamos contigo.
Mentras tanto, recibe unha aperta:
Secundino Lorenzo
Nota importante:
A páxina da Asoc.
Cultural EXAPRIN Ribadavia é :
http://www.iribeiro.es, Nela tes aparte dos
estatutos, fotografías, anécdotas e a historia daqueles
anos.
Dende Google podedes entrar simplemente poñendo iribeiro.es
O
correo ou email de contacto é slorenzo@edu.xunta.es
Podedes participar
coas vosas opinións no foro da páxina web citada..
----------------------------------------------------------------------------------------
IMPRESO SOLICITUDE ALTA na
ASOCIACIÓN CULTURAL EXAPRIN
RIBADAVIA
D.(ª)……………………………………..……………………………………..con domicilio en
Rúa……………………………………………C.P……….Población……..…………………
Provincia ………………………………………País
………………………………………….
Teléfono…………………móvil…………………..e@mail……………………………………
D.N.I. ...........................................
Data de nacemento ................................
Cumplindo os requisitos estatutarios da
Asociación Cultural EXAPRIN Ribadavia.
SOLICITO
a miña incorporación a dita asociación.
Data e firma.
Cubre os datos e envía a alta a
à Asoc.
Cultural Exaprin Ribadavia, C/ Progreso 131- 3º,
32003 Ourense.
Tamén a podes enviar o email
slorenzo@edu.xunta.es
Ou entregala a directiva o día 30 de maio na 2ª
Xuntanza.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A Asociación
Cultural Exaprin Ribadavia, aglutina a ex_alumnos,
ex_profesores e personal non docente da década 1967-1977 do
Instituto de Bacherelato de Ribadavia.
Os
seus fin según os estatutos, polo artigo 3: “a.
O mantenemento da memoria de Ribadavia e
a súa bisbarra, así como do Instituto Técnico de Enseñanza
Media de Ribadavia, actualmente Instituto de Enseñanza
Secundaria O Ribeiro, lugar xeográfico e conxunto de alumnos
que cursaron nese centro dende 1967 ata 1977, así como os
profesores e personal que traballou no centro durante esos
anos. b.
A transmisión ás novas xeracións do patrimonio cultural por
vía oral, escrita ou telemática, de canto contribúa ao
recordo da história de Ribadavia e a súa bisbarra, así como
o Instituto citado e a súa proxeción social.
Poden
perteñecer a sociedade, polo artigo 23: “Poderán
pertencer á Asociación aquelas persoas con capacidade de
obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da
Asociación. Os que desexen ser socios deberán cumprir con
polo menos un dos seguintes requisitos: a) Haber sido
alumnos do I.T.E.M. de Ribadavia, ou I.N.B. de Ribadavia
durante os anos 1967 a 1977. b) Haber sido profesor ou
personal subalterno ou empleado no instituto citado durante
esos anos. c) Ter relación familiar ou afinidade con
persoas consideradas nos puntos 23.a. e 23. b.
Non hai cuotas según o
artigo 29: “O sostemento da Asociación inspírase
no principio de máxima economía de medios e polo tanto,
exclúese o establecemento de cuotas periódicas”