Sobre esta rúa escribiu Pepe Lui: "Pois
eu creo que ven sendo ese tramo entre a fonte da Plata e a Calle
Yàñez, non sei se ata o cruce co Progreso ou sò è (ou era) ese
tramo. A casa que se ve à esquerda facendo esquina è a do
comercio dos meus tios JUMA, os que viven en Madrid, Manolo (o
que traballou no instituto) e Julita. Por suposto cando se sacòu
esta foto non existìa o comercio JUMA, se ben se ve que xa
existìa o baixo e o edificio enteiro igoal que è hoxe. Sò unhos
cantos metros màis adiante seguindo en direcciòn à rua Progreso
estaba o comercio (zapateria?) de Jose Puga, cronista da vila e
corresponsal no Ribeiro de La Regiòn durante moitos anos, que
supoño que tampouco existirìa cando se tomou esta foto,
evidentemente.
O punto de vista do que tira a fotografia è màis ou menos a
situaciòn dediante do antigo HIJAGA, comercio do meu abò
Agapito, ou da ferreteria que estaba ò seu caròn un chisco màis
abaixo, e da que non lembro o nome ou titularidade.