Un día na festa do pemento en Arnoia. 02/08/2008

Ante todo decir que fomos invitados por Rogelio, a festa do Pemento en Arnoia. Alcalde de Arnoia, compañeiro de moitos da fotografía no Instituto de Ribadavia 1967-1974,  e alumno do que escribe.

¡Moitas gracias polo detalle, marabilloso!.

Na fotografía algúns dos asistentes a invitación, na que non faltou de nada e onde foi, sin dúbida,  un día especial. Pola mañán, no recinto da festa do Pemento en Arnoia, unha carballeira marabillosa, onde degustamos os pementos de Arnoia con moitas sorpresas, ver no foro o que escribe Álvaro, na presentación dos pementos...; máis tarde fomos tomar café e uns chopitos  á área recreativa a pe do río Arnoia, outro lugar fora de serie,  e rematamos a tarde con excursións a Peneda e o canón do Arnoia e a unha ruta que hai en Outomuro, tamén  a pe do río Arnoia.

Un día para non esquecer.

 ¡Gracias Rogelio, por ter a idea de xuntarnos e pola túa amabilidade!. Unha aperta e non perdas as mañas...

Dar as gracias tamén a Mª Paz que foi a nosa acompañante ata última hora nas excursións a Peneda e Outomuro. Na fotografía estamos os oito expedicionarios que fixemos esta excursión...

A verdade decir que con estas pintas de excursionistas algúns fomos víctimas das avispas, pero é lóxico con este colorido. ¡Mereceu a pena!.

 

Nota: repasando este escrito vexo en primeiro lugar que o foro xa non existe. Melodisoft que era gratis deixou de existir xa que as plataformas actuais con Facebook tirárono abaixo. En segundo lugar decir que se sacaron moitas fotografías pero estas, como a maioría, metéronse na plataforma Picasa de Google e esta pechou.

Queda ó que queda. Pero tamén nos queda ó importante, Pasamos un día marabilloso, nun lugar tamén marabilloso,  e do anfitrión que vou a decir...Grazas Rogelio sensacional!.

 

Volver.