|
1968-1977 de I.T.E.M. de Ribadavia a
I. N. B. de Ribadavia.

Na fotografía poden verse
a varios profesores nunha das moitas excursións que se
facían.
Na fotografía están Manolo Fidalgo, Chedes, Secundino
e
Pepa.
A fotografía está sacada na montaña que hai detrás
do instituto de Ribadavia, a Franqueirán, onde estaba a toma de auga para
o pueblo de Ribadavia, a carón do regato de Maquiás.

Na fotografía un magosto (celebrábase
tódolos anos), poden
verse os compañeiros Chedes, Braulio Soto e Julio Sánchez,
compañeiro tamién falecido fai unhos anos en accidente de
tráfico, outro bon amigo e compañeiro do Instituto Nacional de
Bacherelato de Ribadavia e despois no IES As Lagoas de
Ourense, onde fomos compañeiros ata que morreu.
Julio Sanchez, foi profesor de latín
nos dous
Centros e ten na actualidade (dedicado) un Seminario,
o de
latín precisamente, no IES As Lagoas de Ourense.
Sobre
Braulio Soto quero facer unha puntualización.
Pola miña parte volvendo a ler un discurso pronunciado
o día 16
de Xuño de 1977 con motivo da miña despedida do centro, atopo unha unha
serie de frases e pensamentos que vexo interesante repetir nesta
ocasión, para que o lector teña unha idea do que se pensaba
naquela época (xa pasaron máis de trinta anos e algunhas cuestións
platexaronse moito despois...):
Reproduzco algúns de eles tal como foron pronunciados aquel día
16 de Xuño de 1977:
"Concebimos la enseñanza, como un servicio público
fundamental que implica un proceso continuo, permanente y organizado
para atender las necesidades reales de la sociedad y que permita al
ciudadano integrarse en el entramado social, sin traumas y en pie de
igualdad con los demás..."...."criticamos los métodos de
valoración de la llamada evaluación continua, que siguen realizándose
sin el asesoramiento del médico, del psicólogo y del pedagogo..."..."Estamos
a favor de una enseñanza pública de
calidad...." "Abogamos por un cuerpo único de
profesores, donde la única forma de acceso sea demostrando los
conocimientos y la competencia profesional, día a día y año a
año.."..."Abogamos por un ciclo único de la Enseñanza
desde los 4 años a los 16 años, público, obligatorio y gratuito y
pedagógicamente unificado para integrar teoría y práctica, trabajo
manual e intelectual...en una formación polivalente para todos los
ciudadanos...todo lo anterior enmarcado desde un punto de vista
pedagógico, tendiendo a lo que se entiende por una pedagogía
liberadora que contribuya a convertir el proceso educativo en un medio
de transformación de la sociedad..."
"Queda iniciado la elaboración del estatuto de Régimen
interno, así como el estudio y el papel de los alumnos en las
evaluaciones..." Por último...."decir que da gusto cuando se
trabaja con auténticos profesionales de la enseñanza, con gente
convencida de lo que hace...De estos por suerte para mí y para el
Centro han abundado en este Instituto a lo largo de estos años..."
Ata aquí algúns recordos desta época en 1977 no Instituto Nacional de Bacherelato de Ribadavia (Ourense);
máis tarde Instituto de Bachillerato Mixto de Ribadavia e actualmente
"IES O Ribeiro".
Dende estas liñas, e aproveitando as novas tecnoloxías dos
anos actuais, reitero unha vez máis as gracias a todos aqueles profesores
que fixeron do Instituto Nacional de Bacherelato de Ribadavia un gran instituto. Para todos os
alumnos, centos de alumnos que pasaron polas súas aulas, mandarlles de
corazón, unha aperta de corazón e un recordo entrañable.
Con agarimo: Secundino Lorenzo.
|