1968-1977 de I.T.E.M. de Ribadavia a I. N. B. Ribadavia.

A Ribadavia, repito,  comenzou a chegar xente nova , profesores preocupados polo Ensino  e  porque as cousas funcionaran ben:

Na  fotografía  poden verse: á esquerda  a Celso Rey (Profesor de Francés), no medio Secundino Lorenzo (Profesor de matemáticas)  e á  dereita  Vicente Villar (Profesor de Filosofía) tres dos profesores chegados ó  instituto nese  período e  que foron  bastante significativos.

(A  fotografía é  posterior). 

 

Xunto ós  xa citados, cabe resaltar a chegada  de: Conchita Cachafeiro (Física e Química), Margarita Souto (Lengua), Loly Barja (Lengua), Leonor Carrera (Historia), Oscar Villán (Historia), Roberto Fernández López (Lingua) , Julio Sánchez (Latín), Pepa Bernárdez (Francés), Chedes (Inglés),  Mª Emilia (Bioloxía), entre outros...

A todos eles, dende esta páxina www,  doulle as  gracias dado que o Instituto de Enseñanza Media de  Ribadavia, polo menos esos anos,  foi todo un exemplo de bon funcionamento e ó  mismo tempo de Instituto reivindicativo.

Sin deixar de  funcionar a tope,  fumos un centro que levamos a voz cantante no movemento  de profesores interinos en Galicia e,  seguramente en parte do estado.

Dende o punto de vista académico fixemos  un grupo sensacional e os nosos  alumnos triunfaron unha e outra vez nas  probas de grado e na Universidade.