Apuntes para unha historia do IES O Ribeiro. Ourense. Etapa 1954-1968
(Escribe Secundino Lorenzo)
|
O Instituto de Ribadavia créase no curso académico 1953-54 ao amparo da lei de Ensino Medio de 1949. Basicamente a súa organización constaba de cinco cursos de ensino semiprofesional e posteriormente un bacharelato Laboral Superior de dous anos de duración cunha reválida. Nos centros impartíase enseñanzas técnicos-profesionais de acordo as zonas de localización dos mismos. En Ribadavia implantouse a modalidade de BACHILLERATO LABORAL AGRÍCOLA.
Tractor do ITEM de Ribadavia para facer as prácticas agrícolas.
Os novos centros de Enseñanza Media e profesional tiñan como finalidade específica a de facer extensiva a Enseñanza Media a un nº maior de escolares poñendo os alumnos a camiñar na práctica profesional e capacitándoos para o ingreso en Escolas e Centros Técnicos.
Laboratorio de Química con análisis químicos de viños e outras facetas.
O título que se expedía en Ribadavia polo Rector da Universidade de Santiago era despois de cinco cursos de estudios o de Bacherelato Laboral Elemental na modalidade Agrícola Ganadeira e que logo permitía continuar estudios para o título de Bacherelato Universitario, que os alumnos realizaban en Tuy.
O sete de setembro do ano 1958 inaugúrase o novo centro do instituto, o edificio actual. Para o acto académico veñen a Ribadavia o Ministro de Educación Sr. Rubio, o Obispo de Ourense Monseñor Temiño, o Director General de Enseñanza Laboral Enrique López Niño entre outras personalidades como o alcalde de Ribadavia , naquela ocasión D. Joaquín Robla, o director del Centro D. Manuel López Grien entre outros. Todo un momento clave e histórico do pobo de Ribadavia.
Nesta misma página web, tendes un amplo reportaxe fotográfico deste evento. Ver este link. . Este é o centro que fue inaugurado o 7 de setembre do ano 1958. Persoalmente tuven a sorte e a curiosidade de impartir varios años de este bachereñato, a miña opinión personal é moi satisfactoria. Tratábase dunha mezcla boísima das materias comúns que se impartian pola mañán, lingua, matemáticas, xeografía, historia, francés, religión, etc., e unhas enseñanzas prácticas que se impartían xeralmente pola tarde. Os laboratorios estaban ben dotados en xeral e as clases das materias citadas estaban orientadas ás partes prácticas da tarde. Posteriormente, ó amparo da lei de Enseñanza Media do 26 de febreiro do ano 1953 estos centros pasarían a chamarse Institutos Técnicos de Enseñanza Media, que foi como eu coñecín ó Instituto de Ribadavia en 1968 cando me incorporei. En 1967 desaparece este bacherelato laboral, vóvese ó bacherelato elemental de catro años, e os alumnos que entraban dáselle a oportunidade de trocar de plan.
|