Anterior Galería Seguinte

Eu creo que Manolo Portela pescaba as troitas dormindo ou en soños...neste caso de traxe e corbata no río Avia e sacando unha troita de medida. Tiña imán na cana...No fondo sabía "leer moi ben o río", e tamén sabía que estaba a comer a troita en todo momento...Logo o demais xa iba en función deses parámetros.

Vín moitos pescadores ou pescos e troiteiros. Para mín Manolo foi o "troiteiro" por definición. Por certo troiteiro, en tempos,  é o que pescaba troitas pero non vivía desa pesca... Logo había pescos (simples afeicionados)  e pescantíns (vivian desa pesca...).

Non olvidemos a outros pescadores de Ribadavia famosos, pero non da miña época de profesor, como Manél ou Eloy. Os dous extraordinarios...

Anterior Galería Seguinte