Este é o afiador.
Veremos unha exposición de rodas de afiar no Mosterio de Sto. Estevo
na primeira planta. Sin dúbida, o afiador é o traballo máis
representativo da zona . Xa sabemos o de "Ourense terra da chispa",
tamén "Ourense terra de afiadores e paragueiros".
Esta estatua está nunha plaza de Luintra. Pasaremos por alí.
Peares.
"Acea do Bubal", trátase dunha casa de turismo
rural mismo na desembocadura do río Bubal, afluente do río Miño
xusto a trinta metros. Os Peares é onde empeza o canón do río Sil.
Aquí aproveitaremos para citar o "Principio de perceptoloxía"
según o cal o río que no momento de xuntarse forme maior angulo coa
dirección que sigue é o río principal. Según este principio, o río
Sil é afluente do río Miño. Non creades que a cousa e tan fácil xa
que "O Miño leva a fama e o Sil leva a auga". O licenciado Molina
decía que o principal era o Miño, que non era extranxeiro...Eso sí o
máis longo é o Miño (310 km.), contra o Sil (225 km, 106 en
Galicia).

Observar que o ángulo A que
forma o río Miño coa súa prolongación e maior que o
ángulo B que forma o Sil coa prolongación.
Mosterio de San Estevo de Ribas do Sil:
mosteiro Bieito (Ora et labora, xa sabedes), (Século X
inda que xa no VI era cenobio).
Este monasterio na Desamortización de Mendizabal no século XIX
(1.835) e posteriores anos quedou feito un desastre. Ver fotografía
más abaixo. Hoxe está totalmente reformado (Suances, Freixido e
Vecoña foron os arquitectos que fixeron a reforma, discutible pero
quedou bastante ben) e ten fama de ser un parador fora de serie.
Dende logo está nun lugar marabilloso e ten unha ladeira de castaños
impresionantes ata o río.
No parador temos de todo dende
tres claustros dous renacentistas (o grande e o pequeno onde estaba
a piscifactoria do monasterio, tiñan troitas e anguías, estos si que
sabían...) e un románico o dos obispos que hai que ver con detalle,
as dobles columnas, as figuras do teito, as pinturas do Sur, todo
impresionante. Ten outro piso superior doutro estilo, oxival
dexenerado do s. XVI; ata una fachada barroca con tres escudos
que hai que ver (O Imperial arriba o do monasterio coas 9 mitras de
obispos entre elas a do famoso Franquila e o de Castela,
congregación de Valladolid, a dereita). Unha iglesia románica (S.
XII) , pero con moitos elementos de transición e que ten unha
construción moi especial. que chama a atención. Ten tres
naves, ver como dunha, máis baixa, parten as outras, polo
tanto máis altas. A iglesia é pequena pero merece a pena vela. Ten
un retablo pétreo moi curioso, é románico que representa a Cristo e
os apóstoles.
No Monasterio había de todo
dende panadería, hospital, hospedería, casa da inquisición,
casa do ciruxán (estaba fora), etc. Pasaba un pequeno río pola
cociña...
Do parador actual gústame moito
un comedor que teñen abaixo entre castaños, pódese ver. As
habitacións están ben pero o precio chégalle (no 2011 un fin de
semán 110 €).

Mosterio de Sta. Cristina.
De camiño de S, Estevo a S. Cristina
pasaremos por dous miradores ó canón do Sil dende un deles está
sacada a fotografía que vedes máis abaixo. Tamén veremos onde
Iberdrola pretende facer un Lago, que crea moito división na xente,
e que vai afectar moitísimo a zona.
O Mosteiro de Sta. Cristina (s.
XII a iglesia, do cenobio xa se fala no ano 876), o cal baixaremos
andando como un km. entre castaños, como vivian os monxes..., está
nun lugar incrible. Dentro do pequeno, é fermosísimo. A iglesia é
románica pura ( planta de cruz latina, con tres absides no cruceiro,
ventanales e arcos de medio punto). Dentro da iglesia pouco hai hoxe
, o retirar o altar apareceron as pinturas de tres Santos, S.
Domingo, S. Antonio e S. Tomás e por riba Santa Lucía e Santa
Bárbara. No vos perdades pola parte da fora, os canes, as
figuras con elementos decorativos que fixeron os canteiros, destacan
as figuras de personas, algunhas en posicións simpáticas e as bestas;
hai de todo...
Os laterais son moi bonitos con
ventanais enmarcados en columnas, casi nada...
O rosetón e a portada son
únicas.
A torre da iglesia é especial,
a arquería apuntada na base é gótica.
Na fachada principal da iglesia
tendes a firma do canteiro -xefe. Hai que buscala?..
O mosteiro é pequeno pero
espectacular. É posterior, s. XVII.
Os monxes pasaban de Sta.
Cristina a San Estevo, xa que no s. XVI foi priorato anexo.
Dice moita xente que "en Sta.
Cristina buscouse a Deus, con máis ventaxa que noutros lugares..."

Ollo, esto é o que queren facer, moi preto de Sta. Cristina.

O barquilleiro de Parada do sil.
Os barquilleiros dedicábanse a fabricación e
venta de barquillos, que era unha pasta delgada que facían con forma
de barco ou abanico, tamén en forma de tubo. Eran de sabor exactamente como
os cucuruchos dos xelados. Sabía ben. Iban pola festas e levaban os
barquillos nun cilindro que remataba nunha tapadeira que tiña unha
especie de ruleta. A xente pagaba, dáballe o redor a ruleta e o que
tocaba un tipo de barquillo, as veces dous, etc. Ver a tapadeira na fotografía de
abaixo.
Inda hoxe se ofrecen barquillos
en algunhas praias de Galicia. As veces en Riazor, na Coruña.
No Concello de Parada do Sil,
onde hai una figura para lembrar o barquilleiro, moitos
veciños practicaron esta venta en tódalas festas de Galicia e tamén
en outros lugares como Madrid, víanse moito no San Isidro en tempos,
despois da guerra.

Na esquerda está a tapadeira do
barquilleiro e algunhas das formas así como o molde. A
dereita un barquilleiro en Madrid, no San Isidro.
Os Balcóns de Madrid.
Son uns miradores moi espectaculares que
hai en Parada do Sil e nos que se pode ver, si o día o permite,
varios
kms. de Canón do Sil. Merece a pena.
Chámanse "Balcóns de Madrid" ,
primeiro porque son miradores e segundo porque nese lugar, abaixo no
canón, había uns barqueiros que pasaban os barquilleiros de Parada
do sil o outro lado. Os Barquilleiros iban a Monforte para coller o
tren que os levaba a Madrid. Alí vendían os seus barquillos.
A ruta de Barxacoba.
Entre Parada do Sil e a Teixeira atopamos o Canón do río Mao, que
dende Leboreiro baixa ata Barxacoba. Espectacular e inacesible salvo
polo canle do río. En moitos lugares ten fervenzas de moita altura.
Teño ganas de velo dende un avión, seica é impresionante. Por certo
na zona hai ese servicio de vo, xa vos direi onde...
Pois ben, na súa última parte,
antes de chegar e desembocar no río Sil, rematan de facer un
sendeiro de 3,15 km. moi espectacular. O sendeiro pode facerse hacia
a desembocadura, dende a antigua fábrica da luz ata Barxacoba ou o
revés.
Nos farémola baixando, como
corresponde... O río
actualmente leva auga, é un río bravo con moito desgaste de rochas e
non poucas marmitas, poteiras, pilacóns o como queirades chamarlle a
esos pequenos pozos que fai a auga xunto coas pedras nos leitos dos
ríos e logo producen remuiños.
A zona ten unha vexetación moi
rica en amieiros, salgueiros, loureiros, pradairos e
madroños. Destacan como plantas entre outras típicas: a xilbarbeira e
a cantroxiña.
Mosteiro
de Montederramo. É o
mosteiro Cisterciense máis importante da Ribeira Sacra según os
entendidos. O primeiro documento que consta deste mosteiro débese
a dona Tereixa de Portugal e foi firmado en Allariz polo que cede os
frades bieitos un lugar na Rivoira Sacrata para que funden un
mosteiro. De tódolos xeitos hai moita controversia.
O que si se sabe é que en
1518 pasa a integrarse na congregación de Castela.
Inda non está de todo
restaurado xa que na parte monacal inda hai un colexio, abaixo unha
panadería, etc.
O altar si está restaurado e
parte do coro impresionante. En tempos do coro levaron todas as
figuras...
Un dos claustros é
precioso, ten un medallóns que hai que velos e o estilo é
renacentista..
Afectuolle o terremoto de
Lisboa a iglesia, podemos ver como.
Ata aquí a chuleta da excursión
do sábado.

Inicio |
Asociación |
Faite socio |
Actividades |
Foro |
Historia |
Documentos |
Email | Enlaces