Cesión de páxinas e traballos

 

O día 12 de marzo de 2013, e según consta en acta,  Secundino Lorenzo Fernández fai donación a Asociación Cultural Exaprin Ribadavia do seu traballo:

Dicionario fluvial.

Faino a efecto de donación cultural. Ollo que esto vai a permetirme que teña como hosting de este traballo, a  SESGA (Centro de supercomputación de Galicia), cuestión que soio admiten cumplindo a condición de que sexa traballo dunha ASOCIACIÓN CULTURAL,  que esté en galego e que sexa un estudio científico contrastado. Para mín é un honor cumplir esas condicións.

Un traballo que levaba,  no 2021,  25 anos de elaboración e no que se seguirei  traballando no futuro; pero xa para  a A.C. Exaprin Ribadavia.

A páxina web aportaba daquelas a recollida de máis de 800 palabras relacionadas cós ríos galegos; nestas palabras non entra a fauna e a flora xa que na páxina hai fichas das mismas.

Cada palabra aparece explicada con textos, fotografías e videos. Ou sexa é un "Dicionario ilustrado".

Este traballo contará no futuro coa vosa aportación, de cara a ampliar o número de palabras. ¡A ver si é verdade!... Si queredes aportar algunha palabra relacionadas cós ríos, regatos, regos ou carrouzos téndelo fácil, vai directamente ao meu email ou vai directamente o noso grupo de A.C. Exaprinribadavia en Facebook. ¡Animaivos!

Hoxe en maio  do 2025 xa leva 1023+4 palabras e vai a máis, todas relacionadas cós ríos galegos. As últimas son auténticas xoias deste dicionario como: trubisqueira, borboriñar samargullar raña zudra, solastalxía , trabeseiros entre outras.

Nota: o de 1023 + 4 é unha broma matemática (por unha vez non fago a operación, non debo...) xa que, esas catro, son palabras inventadas como fluviotolemia, escarallar un río , pai Miño e ríos galegos, a primeira inventada polo profesor Moralejo (D.E.P.) ,  a segunda non é unha palabra, son tres, unha frase moi importante para mín, a terceira é unha páxina web independente sobre o río Miño e a terceira e a miña web máis importante e que vai sobre a vida que hai preto ou no mismo río, e que incorpora en galego máis de 3000 palabras explicadas, outro traballo de 28 anos...

A páxina. dicionario fluvial, figura referenciada e recomendada pola web "O portal das palabras"  da RAG (Real Academia Galega) precisamente en Abril de 2017, todo un honor para ó que escribe (matemático de profesión).

 

Este é o dicionario:

Entra na páxina do dicionario fluvial.

Volver ao Inicio