Algunas fotos andaina

Arnoia Termal

12/05/2018

Asistentes a "Andaina termal" en Arnoia, falta Álvaro e o que escribe que sacou a fotografía. Sinto que non se vexa Menacho na parte de atrás e pouca cousa de Rogelio que foi un dos armadanzas da andaina.

Foi sensacional e dende logo moi concurrida. Pasamos de trinta persoas. Todo un éxito.

O fotógrafo, neste caso Secundino, sintiuse un pouco indisposto e  fixo unha ruta, pola estrada, dende o Balneario ata a Igrexa de San Salvador de Arnoia; e logo o último tramo en común coa andaina programada. En total  catro kms. ; xustamente a mitade. Así non fixen as subidas do principio.

Na fotografía vese a igrexa de San Salvador.

Unha igrexa románica moi curiosa, o cemiterio presentaba este aspecto. Sin dúbida a falta de espacio condicionou o que se ve. A Iglesia estaba pechada, últimamente os roubos obligan a  estas cousas. Unha mágoa...

Fachada principal, co seu santo San Salvador debaixo do campanario. Volverei un día a ver a igrexa por dentro. A orientación é perfecta: a posta de sol. O Campanario e maxestuoso.

A Rectoral, un edificio noble que as veces se utiliza como restaurante, entre outros usos, de feito tiña a carta do menú na parte de afora.

Río Arnoia no Caneirón, unha area recreativa moi bonita e que merece a pena ver.

Vista do muíño que hai precisamente nesa area;  a dereita o caneirón. A ponte está un pouco destartalada polas enchentas,  pero permite o paso do río. Aquí comenza unha ruta,  a carón do río Arnoia,  ata o Balneario de Arnoia do mismo nome.

Das poucas fotografías que puden facer, xa que a maioría do grupo, salvo unhos poucos,  pasou sin facer descanso. Esperaba un sensacional baño no Balneario e eso explica que pasaran de largo...

 

O meu amigo Julio tomando un descanso a carón do muiño e do río Arnoia.

Das poucas fotografías que tuven ocasión de facer.

A ruta ata o Balneario é marabillosa e está moi cuidada. En primeiro plano un carballo francamente espectacular. Na zona hai moitos amieiros e freixos.

 

Aquí si que estamos casi todos, falta Álvaro e o que escribe Secundino.

A comida no Balneario moi boa e dende logo o viño espectacular. Non coñecía este viño "Val de Nairoa", e a verdade está exquisito e baixa que da gusto...Enhoraboa a  bodega...¡Espectacular! e acorde coa andaina...

Gracias a todos, un día fantástico, como sempre.

Foto montaxe de Álvaro. Efectivamente ese 3 é outra historia. Penso que queda aclarado entre os dous...Non era un día, era un ano. Non ten importancia...

Moitas grazas polo detalle. O dos 74 anos non ten importancia a miña edade. Xa vedes que na fotografía de Álvaro figura 73 anos. A verdade e que no grupo temos de todo e, sin dúbida, dominamos as tecnoloxías actuais. Pero repito...non estuven afortunado neso, o que importaba era o detalle...

¡Grazas a todos!

Temos un tesoreiro que está en todo.

 Secundino.

 

   Volver

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces