Esta será a andaina polos : Muíños de Folón e Picón no Rosal.

Día  22 de novembro 2014.

Esta fotografía  é miña. Son espectaculares e unha boa andaina para patear, costa arriba os primeiros e costa abaixo os outros. Conocémola ben tanto Julio Taboada (Páxaro) como eu. 4 kms. máximo.  O lugar merece a pena. O Rosal non queda moi lonxe...

Tranquilos son soio 3,5 kms. Dous de subida e o resto de baixada. Non hai problema...

A andaina é circular como vedes. Non iremos a Ermida de San Martiño.

Outra imaxen da ruta. Eu soio coñezo os muíños de Folón. Pero os de Picón están a carón destes.

 

Marabillosa de verdade. Merece a pena, sobre todo si  non chove. Si chove xa sabedes:  paraugas...

Esta será a andaina a facer  o día  22 de Novembro de 2014. Xa está decidido.

Quedan por decidir flecos, iremos en autobús como sempre, faremos a excursión e trataremos de comer nun lugar axeitado; concretamente comeremos no Restaurante Glasgow, moi preto de Oia.

 

De momento podedes ver a miña visita o lugar, fotografías muy boas como corresponde e información de primeira man, para que vós animedes.

Ver fotografías do día que estuven eu na zona, así como mapa e características da ruta. O día que estuves nos muíños chovía a Deus dar...

Esta é a excursión que vamos facer, pero completa xa que eu soio vin os muíños de Folón (36 muíños) , veríamos tamén os de Picón (21 muíños) e máis cousas. Merece a pena...

 

Saldríamos as nove de Ourense (Pabellón de deportes) e as 9:30 de Ribadavia (Bar Caracas). Sería para chegar e poñerse a andar as 11:30 (tomando un cafe na ruta xa que como moito son hora e media). Os catro kms. da ruta dos muíños poden levar un par de horas. Comeríamos as 14:30 aproximadamente.

 

--------------------------------------------------------------------

VIII - ANDAINA  EXAPRIN RIBADAVIA

"Socios da A.C. Exaprin Ribadavia e amigos"

Vamos ós Miños de Folón e Picón no Rosal (Pontevedra).

 

Data: 22 de novembro de 2014.

 

·        Saída dende Ourense  en Autobús  as  9:00 horas, dende o Pabellón dos Deportes como sempre.

·        Pasamos por Ribadavia con recollida no Bar Caracas as 9:30 horas.

·        Parada entre Tui e A Guarda  para tomar un café; sobre as 10:30

·        11:30 chegada o comenzo da ruta. Muiños de Folón.

·        13:30 Final da ruta. Muíños de Folón e Picón. Total 4 kms.

      ·        14:00  Desplazamento entre o Rosal  e Oia. Visitas ó Mirador da Guarda e a Oia (20 kms. dos muíños)

·        Comida as 14:30 no Hotel Glasgow (Viladesuso. Estrada da Guarda a Baiona. a 2 kms. de Oia). Regreso por Baiona.

     Si queres disfrutar dun día marabilloso, nun lugar único de Galicia: tes que ingresar o importe de 32 euros na conta que Exaprin ten en ABANCA en Ribadavia, indicando no ingreso o nome da persoa ou persoas que van asistir. A conta é o número 

                                        ES77 2080 5332 8730 4003 2481

 A fecha tope de anotarse será  ata o  20 de novembro.

O precio por persoa é de 32 €, todo incluido (autobús, café e comida)

 

Volver a VIII andaina.                                          Saír.

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces