Superoito e videos da época

 

Iniciamos a colección de Super_oito e videos da época cunha película filmada en Superoito por un grupo de alumnos de Ribadavia que aproveitan unha visita ó encoro de Castrelo. Faime chegar o enlace Gregorio García o que lle dou as grazas por iniciar esta colección. O video está filmado con moito gusto e o cámara recréase na visita o azud da presa, tamén na famosa Ponte de Castrelo e incluso o monte onde está situada a iglesia de Castrelo. Os actores incribles e sobre todo moi atléticos...

Esperemos que se anime a xente e que mandedes algunha xoia.

 Producións Pepe_Viñas& Cía

Tamén vos poño o principio dunha filmación feita por mín no ano 1973. Tiña por costume,  cando me invitaban a unha boda,  regalar a película en superoito, fixen unhas cantas, esta é o comenzo dunha onde podedes ver o director S.L.F. filmado polo propio director. Esto do director é unha coña...Algún día contarei por qué soio fixen catro películas de bodas...

 Producións S.L.F. & Cía

 

¡Animarse e mandar videos da época! Este é o meu email.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.