Integrantes da V Andaina Xurés-Via nova
Antonina XVIII. Fotógrafo arriba:
Álvaro.
De esquerda a dereita os 22 que fomos:
Secundino, Leticia,
Quique, Carla, Celsa, Loli, Berta, Nicolás, Andrés, Bendaña (agachado.
Cantos orgasmos seteros tuveches ese día...amigo),
Chiqui, Soco, Mariano, Fina, Ana, Demetrio, María, Menacho, Belén,
Aida e Sita.
A todos: grazas por este día marabilloso. Canta Pilocha"O Sancristán de Coimbra" para todos vós,
unha canción preciosa, que tamén grabamos...pero hai que ensaiar un
pouco máis e aprender a letra...
Sobre esta
fotografía da Corga da Fecha en Lobios (de Álvaro), en plena via
Nova, non tendes máis que pulsar nos círculos de
pedriñas para
ver as fotografías e o video. O video está elaborado
cunha selección de fotografías de Álvaro, Quique,
Leticia e Manacho as que lle engadín algunhas de
Secundino e de María. Por certo estamos sin
fotografías, Google+ é así...umha mágoa... Ollo Álvaro recuperou
as fotos. ¡Noraboa!
Fixémola no mes de outubro, como as dúas
anteriores. 20 de outubro de 2012
Aquí tendes a famosa Via Nova dos romanos
ou tamén chamada via XVIII do itinerario Antonino, unha das máis
importantes vias de Galicia xunto coa XIX e XX. Esta vía unía
Braga e Astorga e os seus fins eran simplemente comerciais e
administrativos. Foi rematada no ano 79 d.C. Tiña 220 millas e 11 mansións. E a vía que ten máis miliarios e máis pontes
conservadas do mundo. A ponte do Bibei nos Codos de Larouco é
única.
Pois ben, parece ser que este, que
vedes no dibuxo, cientificamente, é o seu trazado polo menos así o firma o profesor
Antonio Rguez. Colmenero. Tamén Santiago Ferrer. A nosa proposta é
recorrer un bon trozo desta vía, concretamente dende un lugar
preto da zona romana Salaniana ata Aquis Querquensis. Xa sabedes, sobre
todo os de Ribadavia que sodes peritos neste tema dos romanos, que estos
lugares como o Aquis Originis que o visitaremos ou o Aquis Querquensis
eran lugares de descanso, cambio de cabalos etc.
Esta foi a nosa proposta de Andaina-lúdico-histórica-gastronómica.
Miliarios da vía nova romana XVIII no Xurés.
O Xurés en Lobios
Posible andaina-Calzada romana.
Vía romana XVIII do itinerario
Antonino.
Braga-Astorga.
Esta sería a nosa andaina en canto a Via nova.
Miliarios da vía nova romana XVIII no Xurés.
Calzada romana reconstruida.
A Corga de Fecha. Espectacular.
Faremos unha visita o
Aquis Originis un centro de relaxación romano. ¡Como vivian
estos tíos!
.
Aquis Querquennis no encoro das Conchas.
Seguramente teñamos una
reunión nestos miliarios romanos que están na via romana XVIII
de Braga a Astorga e que vedes a esquerda. Casi na fronteira
portuguesa de Portela do Homem.
Os miliarios a uns kms.
de Salaniana, outra parada pero en Portugal, no Gerês (está en Vilariño das Furnas).
Logo seguiremos pola vía
romana que está reconstruida para chegar a Corga da Fecha e
facer un pequeno recorrido paisaxístico e ecolóxico, os que queiran. Merece a
pena o recorrido. Espectaculares pozas (verdes) e fervenzas...Unha
pasada...
Seguidamente seguiremos a ruta
para chegar o Aquis Originis, unha parada de descanso e placer da via XVIII; e de aquí o Balneario de Lobios.
Para comer na zona hai moitos
sitios moi bons, de bon comer; boa carne hai na zona...de aquí
son as "vacas cachenas". Podemos comer por exemplo no Lusitano de Lobios
ou mismo no Balneario de Lobios, que ten cociñeiros de
sona...
A estudiar.
---------------------------------
Pola tarde, de regreso, propoñemos seguir a via romana, pero no carro romano, mellor
cuádriga, que
seguramente goberne o noso compañeiro Aparicio, un home que ten
demostrado dabondo a súa pericia neste tipo de vías e outras... para visitar
o campamento militar romano Aquis Querquensis.
Esta é Ponte Pedriña, por onde
pasaba a Vía Nova que en 1944 foi declarado Monumento
Histórico-artísitico, para en 1949 quedar baixo o encoro das
Conchas.... Está xunto o muro da presa e nons se pode ver
hoxe
Neste campamento veremos, si
temos tempo, onde se bañaban os xefes daquela. Tamén falaremos
da lenda de Ponte Pedriña que hoxe está baixo o Encoro das
Conchas e por onde pasaba a autovia dos romanos a Via Nova.
Campamento romano un pouco máis pequeno que o Aquis
Querquennis, que seica tiña hospital, entre outras cousas, pero
que da una idea...
Desta forma completamos a vía
romana na zona, que está poñéndose en valor.
Este foi o programa:
V - ANDAINA EXAPRIN
Vamos de romanos ó Xurés
(Casi Portugal...).
De novo propómosvos unha Andaina
organizada pola A.C.Exaprin, dentro das actividades que
pretendemos facer todos os anos.
Agora
queremos celebrar a V Andaina que chamaríamos “Via XVIII-Braga-Astorga”
e sería co seguinte programa:
Data: 20 de outubro de 2012.
·Saída dende
Ribadavia en Autobús as 9:00 horas. Dende o Bar Caracas
de Ribadavia.
·Recollida en
Ourense Pabellón dos Deportes as 9:30 da mañán a xente que
vai dende Ourense (Avisar os que van dende Ourense)
·Parada en Bande
para tomar un café e o que se tercie.
·11:30 chegada os
Miliarios de Portela do home. (Fomos ata Portela de Homen)
·Ruta desde os
Miliarios ata a Corga da Fecha. (2 km. +1 km.)
2 km. ata a corga da Fecha e logo en plan voluntario, uns
quedarán vendo as pozas e o muíño e outros subirán a sacar
fotografías da Corga un pouco máis arriba. Sobre 1 km. moi
duro. Unha ruta onde a botánica vai sorprender...
·Visita Aquis
Originis. Chegada o Balneario de Lobios sobre as 13:30. (2
km.)
·Comida no
Lusitano de Lobios. Hora 14:30
Menú:
Callos limiaos (especialidade
da casa) ou Fabada (leva a maiores xabarín)
Tenreira asada
con guarnición de champiñóns e pàtacas ó forno.
Arroz con leite.
Viño. auga e cafés.
·Pola tarde
visita ó Aquis Querquensis dentro da via XVIII. Campamento
romano da Limia. Regreso sobre as 20 horas.
Si da tempo visita a virxen do Xurés, preto de Vilamea.
Si
queres disfrutar dun día con encanto é moi doado: tes que
ingresar o importe de 23
euros na conta que Exaprin ten en Caixanova en
Ribadavia, indicando no ingreso o nome da persoa que vai a
participar. A conta e o número
2080 5332 87
3040032481.
A
fecha tope de anotarse será o 18 de outubro.
O precio por persoa é de
23 €, todo incluido.
É unha
ruta moi faciliña, un paseo turístico fantástico.