Secundino Lorenzo Fernández, o que escribe, webmaster da páxina,  entrou como interino no Instituto  no ano 1968 como profesor de Matemáticas (o meu primeiro destino), naquel intre era Instituto Técnico de Enseñanza Media de Ribadavia cós  cursos dende 1º ata 5º na  modalidade  Agrícola-Ganadeira.  En 1975 o Instituto pasou a ser Instituto Nacional de Bacherelato de Ribadavia.

Paréceme lóxico lembrar os cargos directivos do Centro naqueles anos:

Julio Freijido Martínez, o Director do Centro neses anos  de transformación do instituto. (Aparece na  fotografía).

O Instituto pasou, sin traumas,  nesa época (1968-1977),  de Instituto Técnico de Enseñanza Media, ITEM de Ribadavia,  a Instituto Nacional de Bacherelato  de Ribadavia. (Ver outra fotografía de Julio Freijido).

Xulio morreu en febreiro do ano 2008. Onde estés, gracias amigo por confiar en mín...

 

Na  fotografía están de esquerda a dereita  Secundino Lorenzo Fernández  e   Jesús Gómez Pereira  (falecido na década dos 90) e  que era naquela  época (cursos 1968-69-70) o Xefe de Estudios. 

Por certo un compañeiro sensacional, un gran profesional, unha boísima persoa e un amigo querido e  entrañable.

Compartí cargos, entre otros,  con Julio Freijido Martínez (Director do Centro nestes anos, en total 18 anos), Jesús Gómez Pereira (Xefe de Estudios nos  1968-69-70 e despois Secretario), e Gerardo Alvárez Vidal (secretario nos  anos 1968-69 e 1970). 

Lembrar que fun Xefe de Estudios ininterrumpidamente dende o curso 1971 ata o  curso 1977.

Secundino Lorenzo Fernández, profesor interino do Instituto de Ribadavia dende 1968 ata 1977.

Secundino Lorenzo en 1970. Fun  profesor interino de Matemáticas no Instituto de Ribadavia dende 1968 ata 1977, recén terminados os estudios de Licenciatura en Ciencias Matemáticas, Nove anos inesquecibles  para o que escribe.

"Sin lugar a dúbidas os alumnos de Ribadavia dos anos 1968 a 1977 (nove anos)  foron para mín  os mellores alumnos (si sumamos o aspecto humán e o  intelectual)  que tuven na miña vida profesional e que conste que nese  aspecto sempre tuvén uns  alumnos fora de serie, tanto en Santa Cruz de la Palma - Tenerife  (dous anos marabillosos) como no  IES As Lagoas de Ourense (vintesete anos sensacionais)."

"Dende esta oportunidade que me brinda internet, a tódolos  alumnos de Ribadavia (nove anos), de La Palma (dous anos) e das Lagoas en Ourense (vintesete anos), gracias, moitas  gracias...e  unha aperta agarimosa a todos"

Ourense, xuño de 2004.

Secundino Lorenzo

Ver fotografía  actual.                                             Pulsa para quitar a música                   

saír