III-Andaina-Mixta Exaprin: CANON DO SIL            

(Xa a fixemos en outubro o día 22/10/2011)

 

A verdade que viñemos contentos coa

III Andaina-Mixta Exaprin :

Estas son as nosas lembranzas desta andaina.

  Datos técnicos, e outros,  da III Andaina.

  Chuleta da andaina.

  Album fotografico da III Andaina Exaprin

  Fotografías prometidas dos vellos tempos.

              

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

                            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Horario e datos técnicos da III  Andaina-Mixta Exaprin.

3ª Andaina-Mixta o día 22/10/2011.

O autobús saldrá as 8:30 do Bar Caracas de Ribadavia, e as 9 de Ourense, Pabellón dos Deportes.

Itinerario global partindo de Ourense aos Peares, visitando S. Estevo, Sta. Cristina, Balcóns de Madrid, Ruta de Barxacoba,  e comendo en Valilongo. Pola tarde visitando o Monasterio  de  Montederramo. Total 100 Km.

En mapas:

Primeira parte do mapa, trozo dende o muíño de Acea nos Peares ata os miradores de Madrid en Parada do Sil; pasando por Luintra e o monumento o afiador, Mosteiro de santo Estevo, Sta. Cristina, o Barquilleiro en Parada do Sil e os Miradores de Madrid. Por suposto desplazamento dende Ribadavia-Ourense-Peares.

Continuación: dende os miradores de Madrid ata Montederramo pasando pola ruta de Barxacoba, Valilongo (comida), e Mosteiro de Montederramo. Logo regreso a Ourense e Ribadavia.

En bermello o cambio, en vez de ir por Castro Caldelas iremos directamente de a Teixeira a Valilongo.

 

Ver un mapa de Turgalicia do Canón do Sil

Canón do Sil, baixando Monte Meda (Fotografía de S. Lorenzo)

 

O muíño da Acea nos Peares é o comenzo da ruta. (Foto Secundino día 18/10/2011)

Os Peares, o río Miño e o río Bubal dende a ponte do tren. (Foto Secundino 18/10/2011)

 

Andaina- mixta dende Os peares (partindo de Ourense) - Canon do Sil - Montederramo- Ourense.

Data: 22 outubro de 2011.

O final así quedou a andaina:

  • Saída Ribadavia en Autobús as 8:30. Dende o Bar Caracas.

O compañeiro Aparicio foi puntual. Un chófer de luxo.

Total 28 apuntados.

  • Recollida en Ourense Pabellón dos Deportes as 9 da mañán a xente que foi dende Ourense

  • 9:30 chegada Os Peares: Visita o Muíño de Acea do río Bubal (1 kms. andando).

  • Visita a Santo Estevo de Ribas do Sil, pasando por Luintra (onde tomamos un café e sacamos algunhas fotografías). Sobre as 12

  • Visitas os dous miradores sobre o Canón do Sil e previo a Sta. Cristina. O novo dos 23.000 € (hai que fastidiarse) e o mirador da Cabezoá, moi espectaculares. Fotografías dabondo. 13:30

  • Visita non prevista  o camping "O Cañón do Sil", espectacular camping da "Mirada Máxica" 14 horas.

  • Visita a Santa Cristina.  Sobre as 14.  Non fixemos a andaina xa que se nos botou o tempo enriba.14:30

  • Volta a Parada do Sil (o Secundino monte un Rallye persoal polas ruas do pobo...espectacular...pero por pouco quedo sin comida, castigado...). Visita os Balcóns de Madrid 15 horas

  • Comida en Valilongo. 16 horas. Reposición completa de forzas.

  • Pola tarde visita o Mosteiro de Montederramo. Regreso sobre as 20 horas.

----------------------------------

 

 

Detalles da Andaina-Mixta.

Visita os Peares e a confluencia dos ríos Bubal, Miño e Sil.

Fotografía de Secundino Lorenzo

Peares confluencia río Miño e Sil. Por riba da pasarela do tren desemboca o río Bubal.

Visita pasando a pasarela que se ve na fotografía o Muiño que está no río Bubal.

Aquí faremos unha pequena ruta, sobre 2 Kms. xa que o autobús quedará no pobo que se ve a dereita, antes da Ponte Pequena (antigua estrada Ourense-Monforte). Cruzaremos o río Sil e logo pola ponte do tren cruzaremos o río Miño, para ir o Muíño que está onde pon Río Bubal.

Usaremos esta fotografía para dar uns coñecementos da Teoría de  "Perceptoloxía" e a súa fundamentación de quen é afluente de quen. Tema bastante discutido...

Sabedes  que "O río Sil leva a auga e o río Miño a fama"

¡Que é afluente de quen?

Podemos discutilo...

Ver a miña teoría neste link, onde explico a palabra afluente.

--------------------------------------------------

 

Visita a Santo  Estevo de Ribas do Sil

Situación en Google Earth. Dos Peares a Sto Estevo subiremos por Nogueira de Ramuín.(Luintra).

Descoñezo o autor da fotografía.

Visita a Santo Estevo en pleno Canón do Sil. Unha xoia descoñecida por moita xente. Visitaremos os tres claustros e a Iglesia

Link sobre Santo Estevo de Ribas do Sil

Monumento de Buciños o Afiador en Luintra. Camiño de Santo Estevo.Precisamente en Sto. Estevo veremos unha exposición de Rodas de Afiar típicas da zona.

----------------------------------------------------------------------------

 

Visita a Santa Cristina, no pleno corazón do Canón do Sil.

Santa Cristina está totalmente colgada sobre o Canón do Sil, dende o altillo da estrada baixaremos por unha ruta entre castaños ata Iglesia-Convento (en realidade era un cenobio). Total non chega a un kms.

Visita a Santa Cristina, xoia do románico en Ourense.

Detalle curioso nunha árbore preto de Santa Cristina.

Vista de Sta. Cristina, baixando pola ruta que faremos...

Sta. Cristina é única e ademais está nun lugar insólito e marabilloso. A pequena ruta que faremos, baixando, entre castaños ata atopar este gran cenobio será recordada sempre. A paz e a espectacularidad resulta increible...

 

As paisaxes son impresionantes. Fotografías de S. Lorenzo

As vistas son impresionantes. (Foto Secundino Lorenzo)

Aquí falaremos do proxecto de lago que intenta facer Iberdrola na zona.

 

Link sobre Santa Cristina

Link sobre Santa Cristina con fotos.

---------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

Visita en Parada do Sil:  barquilleiro e os miradores.

Situación da Andaina-Mixta.

O Barquilleiro en Parada do Sil.

Miradores de Madrid en Parada do Sil.

Pequeno video da zona.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------

Despois de ver os miradores de Madrid xa fomos a comer.

Nota: ESTA RUTA NON A FIXEMOS POR FALTA DE TEMPO

Fai poucos días quedou inaugurada unha ruta "A fábrica da luz en Barxacova" moi espectacular , na parte baixa do canón do río Mao; dependendo do tempo, é cuestión que vamos a estudar a fondo,  igual facemos un pequeno tramo. Dende logo é impresionante....Eu pesquei ese río no tramo onde fixeron a ruta, xa fai moito tempo e dende logo é un lugar marabilloso...

Faremos esa ruta completa, ten tres kms.

Ver este link da ruta.

Repito: o canón do Mao e a ruta de Barxacoba é espectacular. (Foto Secundino Lorenzo)

-----------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

Comida nun Restaurante típico da zona. En Valilongo. (A Teixeira)

 Menú.

Empanada de zamburiñas e fabada o estilo Valilongo.

Xarrete o viño Mencía ou Lomo de cerdo con champiñóns

Bica de Castro Caldelas e Tarta especial de castañas da zona.

Viño tinto da casa, bodegas da ribeira sacra.

Ver link.

----------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

 

Pola tarde despois de comer : visita a  a Montederramo.

Descoñezo o autor da fotografía. Entrada do templo e sillería (impresionante)

Vista do altar, restaurado recentemente,  dende o coro.

Visita en Montederramo ó Mosterio de Sta Maria de Montederramo que no seu día foi do Cister. Fai pouco foi resconstruido o altar e a sillería do coro. Impresionante xoia do noso patrimonio.

Link sobre Montederramo.

As fotografías están sacadas deste link.

 

 

-------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

Esta foi  a convocatoria oficial  da excursión.

Proxecto. (Xa definitivo)

III ANDAINA-MIXTA EXAPRIN

 

De novo propómosvos unha Andaina organizada pola  A.C.Exaprin, dentro das actividades que pretendemos facer todos os anos.

 

Agora queremos celebrar a III Andaina – Mixta que chamaríamos “Canón do Sil” e sería co seguinte programa:

 

Data: 22 de outubro de 2011.

  • Saída dende Ribadavia en Autobús as 8:30. Dende o Bar Caracas.

  • Recollida en Ourense Pabellón dos Deportes as 9 da mañán a xente que vai dende Ourense

  • 9:30 chegada Os Peares: Visita o Muíño do Bubal (2 kms. andando).

  • Visita a Santo Estebo de Ribas do Sil. Sobre as 10:30

  • Visita a Santa cristina. (Andar l kms.). Sobre as 12

  • Visita os Balcóns de Madrid.

  • Ruta fábrica da luz- Barxacoba no canón do Mao. 13 horas

  • Comida en Valilongo. 14:30

Menú.

Empanada de zamburiñas e fabada o estilo Valilongo.

Xarrete o viño Mencía ou Lomo de cerdo con champiñóns

Bica de Castro Caldelas e Tarta especial de castañas da zona.

Café e chupitos da zona.

Viño tinto da casa, bodegas da ribeira.

 

  • Pola tarde visita a  Montederramo. Regreso sobre as 18 horas.

 

Si queres disfrutar dun día con encanto é moi doado: tes que ingresar o importe de 23 euros na conta que Exaprin ten en Caixanova en Ribadavia, indicando no ingreso o nome da persoa que vai a participar. A conta e o número 2080   5332   87   3040032481.

 A fecha tope de anotarse será  o 20 de outubro.

O precio por persoa é de 23 €, todo incluido.

É unha ruta moi faciliña que mais que andaina diría é un paseo turístico.

 

A.C.ExaprinRibadavia
Progreso 131-3º
32003 Ourense
www.iribeiro.es
exaprinribadavia@gmail.com

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍAS   DA   III ANDAINA EXAPRIN.

Canón do Sil e Ribeira Sagrada.

Aquí tendes as fotografías sacadas o día 22 de outubro de 2011 da excursión que fixemos,   dende os Peares ata Montederramo, un grupo de 28 amigos de Exaprin.

Pulsando en cada cadeira (fotografía de Enrique no coro do Mosteiro de Montederramo), teredes as fotografías dos fotógrafos oficiais da III andaina: Álvaro, Enrique, Demetrio e Leticia.

O da cadeira é un detalle de admiración, pola miña parte,  as súas sensacionais fotografías.

Volver.