II-Andaina Exaprin: O Rexo- Muíño do Briñal 

(Sábado 29 de octubro do 2010)

Datos técnicos da andaina:

  Datos técnicos, e outros,  da II Andaina.

  Opinións sobre a II-Andaina

Fotografías e  videos:

  Fotografías da andaina.

  Videos básicos (nace Exaprin Cor  Ribadavia)

              

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

                                           

 

 

 

 

 

 

 

Horario e datos técnicos da II Andaina Exaprin.

2ª Andaina-Magosto o 30 de octubro do 2010.

Ruta dende O Rexo ata o Muíño do Briñal, pasando por Allariz.

Data: 30 de Octubro do 2010.

  • Salida dende Ribadavia en Autobús as 9:15. Dende o Castelo de Ribadavia.

  • Recollida en Ourense Pabellón dos Deportes as 10 da mañán a Xente que vai dende Ourense

  • 10:30 chegada O Rexo, visita e comenzo da ruta no Rexo.

  • Cando Cheguemos a Allariz, pequena reposición de forzas no Museo do Coiro.

  • Visitaremos  o Allariz Garden Festival (Festival internacional de Xardíns de Allariz).

  • 2ª Parte da Andaina, visita o Muíño do Briñal, con volta o Camping (Autobús de regreso)

  • Cocido-Magosto as 14:30 na Zamorana. Instalacións Ureca-Zamorana de Caixa Nova.

  • Regreso, cando a xente dea por terminada a andaina e o magosto.

----------------------------------

O Rexo onde comenzamos a 2ª Andaina. O Rexo ten varias visitas obligadas...

Allariz. No museo do Coiro repomos forzas para seguir o Muiño do Briñal. Dende o Rexo 4 kms.

Tamén visitaremos o Festival Internacional de Xardíns, xa que é o último día de exposicións:

Este festival de xardíns está a carón do Museo do Coiro e visitarémolo despois do pequeno refrixerio  e antes de facer a segunda etapa.

Na segunda parte da ruta iremos ata o Muíño de Briñal, río abaixo de Allariz a 2 kms. Logo volveremos o Camping (700 m.) onde espera o autobús, para desplazarnos a Zamorana, complexo Ureca-Zamorana para comer e celebrar o Magosto.

------------------------------------

Ollo os fotógrafos da Andaina, preparar as cámaras que merece a pena.

O Rexo. O toque pictórico e escultórico de Ibarrola...

Presa no ecoespacio de O Rexo.. Río Arnoia.

Pontillón no Rexo, río Arnoia. Aquí pasaremos o outro lado...Foto de Félix Valeiras.

A ruta presenta moitos atractivos naturais, como esta árbore en forma de cabeza de vaca. Fotografía de Félix Valeiras.

Tosta ou presa no pobo de Acea. Río Arnoia.

Muíño en Allariz.

Museo do Coiro.

Fotografías de Secundino

-------------------------------------------------------------------------------------

Esta foi  a convocatoria oficial. A partires do día 10 de octubro demos  os avisos vía email:

II ANDAINA – MAGOSTO EXAPRIN

 

De novo propómosvos unha Andaina organizada pola  A.C.Exaprin, dentro das actividades que pretendemos facer todos os anos. O pasado Febreiro fixemos  a I Andaina, que foi a ruta de Pena Corneira – Pazos de Arenteiro, foi un día moi especial e que quedou grabado nos recordos dos que participamos.

 

Agora queremos celebrar a II Andaina – Magosto que chamaríamos “Paisaxes e Historia descendendo o río Arnoia” e sería co seguinte programa:

 

Data: 30 de Octubro do 2010.

·         Saída dende Ribadavia en Autobús as 9:15; dende o Castelo.

·         Recollida en Ourense, no Pabellón dos Deportes, as 10 da mañán a xente que vai dende Ourense

·         10:30 comenzo da ruta no Rexo (bosque animado de Ibarrola)

·         Cando cheguemos a Allariz, pequena reposición de forzas (en forma de piscolabis) no Museo do Coiro.

·         Continuación da andaina ata o muíño do Briñal.

·         Volta ata o autobús que nos espera no camping de Allariz.

·         Cocido-Magosto as 14:30 no complexo deportivo Ureca-Zamorana

·         As 18:30 horas encendido da fogata e concurso de saltos da fogata.

·         Regreso en autobús a hora que a xente dea por finalizada esta andaina. (Os organizadores non se responsabilizan do estado de volta de cada participante).

Si queres disfrutar dun día con encanto e moi doado, tes que ingresar o importe de 24 euros na conta que Exaprin ten en Caixanova en Ribadavia, indicando no ingreso o nome da persoa que vai a participar. A conta e o número 2080 0332 92 0040032486.

 A fecha tope de anotarse será  o 27 de Octubro.

O precio por persoa é de 24€, todo incluido.

É unha ruta moi faciliña que mais que andaina diríamos paseo turístico; podedes ver mais información e mais completa na: www.iribeiro.es (recoméndovos que a visitedes)

 

A.C.ExaprinRibadavia
Progreso 131-3º
32003 Ourense
www.iribeiro.es
exaprinribadavia@gmail.com

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías da andaina.

Na fotografía Amando Canitrot, nunha postura típica dun profesional...

En breve irei incorporando fotografías da Andaina.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Opinións da andaina.

 



Nós pasámolo moi ben.

Un 10 sobre 10 para:
- A organización de Secundino e Andrés. Eficaz. Impecable.
- O moi confortable autobus de Autocares GONZALEZ, e sobre todo para o chófer, de luxo, o noso compañeiro Nicolás Aparicio.
- A ruta elexida: foi preciosa e non tardarei en volver a facela outro dia que non pareza que chove. A verdade é que fora do Ribeiro (no resto do mundo), tamén hai sitios ben bonitos. Animo aos da vila que non poideron vir a tentar descubrilos nas próximas convocatorias.
- O piscolabis no Museo do Coiro de Alariz. Moi bó.
- As instalacións da Zamorana, cómodas, confortables, de luxo. Emocioneime cando vin que as máximas autoridades de Ourente nos recibiron coma héroes naquel besamanos.
- O cocido memorable: nin cenei nin almorzei hoxe, do aporte calórico que incorporei.
- O viño elexido para compensar a perdida de líquidos dun dia tan caluroso. Viña do Avó, branco e tinto, de Antonio Cajide, estaba moi bó (algunha botella comenzóu a parecer que non tiña as paredes rectas ao final). Secundino fará a determinación das cónicas de revolución resultantes, na bodega do Cajide. Rita Dávila Pousa dixo que ao millor era unha cousa de relatividade cuántica (para que nos entendamos, como os reloxios de Dalí).
- Gracias a aqueles que me prestaros os elementos imprescindibles para Andaina que eu olvidara levar: a protección solar, as gafas de sol, o chapéu. O certo é que o de levar o paraguas foi un engorro e non fixo falta para nada.
- A técnica que aprendín no futbolín: as multichilenas de Victoria. O xogo elaborado de Madarnás e Pepe Lui. Os regates de Secundino e Menacho... Os chuts de Aparicio,...
- A pena foi, que cando pasábamos por Ventosela, pouco antes de chegar a vila a eso das 8 e pico da tarde, cambiou o tempo de forma radical e púxose a chover, co cal anulamos os nosos plans de quedarno a Noite Meiga (non levabamos piragua).

Unha aperta, é contade con nós pra todo plan no que o pasemos a mitade de ben que onte...

 

Suscribo totalmente o que dí Álvaro,  salvo a calificación que lle dá os organizadores, por aquelo do pucherazo, non é correcto que me puntue a min mesmo, e non vou facelo... En calquera caso penso que o 10 debe levalo, inda que copiara..., o amigo Andrés Andrade xa que casi todo estuvo nas súas máns. A verdade é que Andrés esto e outra cousas fainas bordadas. O de copiar é polo que dixo na comida,  que había moito copión presente, refírese os meus exames do século pasado, cosa que eu non creo, as matemáticas non son doadas de copiar, e o amigo ex-alumno Andrés copiaría moito noutras materias e xeraliza inxustamente.

O peor do día: o tempo. Non podía ser peor pola mañán, caeron chuzos...

O resto efectivamente de dez.

A sesión de canto será recordada moito tempo, sensacional. Sabía que no Ribeiro as voces son moi claras e boas e son privilexiados para o canto, seguro que algo ten que ver o bon viño, como o que bebemos onte de Antonio Cajide da Bodega Sameirás,   pero nesta xuntanza a cousa superouxe. Marabilloso...

 

"Quen dice choiva cando soio foi orballo"

Pa min foi orballo, e pa mais tamen, as fotos me remito. O desfile de paraguas e chubasqueros e pa que non sufran os que non puderon ir.

Día perfecto: moito rir, pouco andar e moito papar.

Que decir da actuación en directo das voces de Exaprin, que caladiño o tiñan e que ven sonan, impresionante. Amando non temas a crisis da construcción con esa vozarrón.

Unha vez mais gracias organizadores e participantes.

Hay insinuacións do Sil que prometen.....    

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Exaprin Cor ponse en marcha

Fotografías de Amando no Rexo. Allariz 30/10/2010

Eu penso que O Rexo en Allariz, o tempo de choiva, a andaina ata Allariz cunha choiva de xustiza, a empanada e o viño que nos esperou no Museo do Coiro, preparados polo noso compañeiro Anxo, e finalmente o cocido e o magosto que estaban divinos,  fixeron que un grupo como o noso que últimamente non se botaba a cantar, no soio o fixo si non que nos deleitou como ritmos e letras novos, compostos no momento. É o comenzo pero é moi bon e vese moita madeira da boa. O nome Exaprin Cor non é definitivo pero é un adianto.

Que disfrutedes tanto como a mín ó escoitalos...

Volver.