Asoc. Cult.  Exaprin Ribadavia. 6ª Xuntanza. 25/05/2013

Unha parte dos asistentes a Xuntanza de 2013 .  60 asistentes. Sensacional como siempre.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONVOCATORIA VI-Xuntanza:

A xuntanza xa foi e estuvemos 60 compañeiros. Todo sensacional como sempre.

 

ESTA FOI A CONVOCATORIA - MENU.

6ª xuntanza - EXAPRIN.

Lugar: A Veronza. Ribadavia                  Día : 25 de maio 2013            Hora: 14:30

Precio comida: 28 € .

Novedades importantes incluidas no Menú e que non figuran na invitación:

A paella de marisco feita por todo un especialista "internacional", de calidade plenamente demostrada, os amigos Emilio Bendaña e María a súa dona.

Os viños sensacionais "Sameirás" Blanco e "Viña do Abó" Tinto,  da Adega que Antonio Cajide ten en San Andrés.

---------------------------------------------------------------

Esta foi a carta enviada:

 

 

Carta que enviaremos próximamente:

Asociación Cultural de ex_alumnos, ex_profesores e personal non docente do I. de Ribadavia.

G32393191, constituida en febreiro do 2009.

Páxina  web: http://www.iribeiro.es           Email: exaprinribadavia@gmail.com

 

 

 

 

Ribadavia, cinco de Abril  del 2013.

 

Queridos alumnos/as e compañeiros/as do Instituto de Bacherelato de Ribadavia:

 

      Escribo no nome da Asociación Cultural Exaprin Ribadavia,  e  o noso obxectivo é invitarvos  a 6ª XUNTANZA  de esta Asociación a celebrar o día 25 de Maio do 2013, co seguinte

 

PROGRAMA

 

.- 12:30  horas da mañán, recepción de asistentes no salón de actos do Instituto IES O Ribeiro (o noso instituto). Reunión da Asociación Cultural Exaprin Ribadavia,  coa seguinte orden do día:

-        Lectura acta da sesión anterior.

-        Estado de Contas.

-     Actividades realizadas e proxectos. (Proxectaremos un video resumen).

 

.- Ás  14:30 XANTAR de confraternidade no lugar da Veronza de Ribadavia, si chove teremos o xantar no pabellón de deportes do CPI Tomás de Lemos, que está a carón do noso instituto.

 

Para asistir a  o xantar, o que tamén poden ir os vosos  parentes e amigos,  será necesario retirar as tarxetas-invitación,  previo pago de 28 €,  nos seguintes lugares.

 

       1- Bar Morto de Ribadavia e tamén no Bar Caracas.

 

       2.- Tamén podedes ingresar, 28 €,  na Conta da Asoc. Cult. Exaprin Ribadavia que temos en NovaGalicia Banco de Ribadavia co nº    2080   5332   87   3040032481 , indicando o nome do interesado. Estes ingresos e a  compra  da tarxeta invitación, terán  que realizarse antes do  9 de Maio do 2012.

 

Na tarxeta-invitación figura o menú a base de pulpo á feira, paella de marisco, pan de bola, bica galega, viño blanco e tinto  do Ribeiro e chupitos de licor café e outros.

Para asistir á comida é imprescindible presentar a tarjeta, xa que será solicitada.

 

E nada máis, que sepades que últimamente están asistindo unha media de cen compañeiros a estas xuntanzas, número que esperamos manter este ano.

                    Mentras tanto, recibe unha aperta: 

 

Secundino Lorenzo.

 Presidente da Asociación C. Exaprin Ribadavia

 

 

 

Volver.

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A VI - XUNTANZA NO VIDA DA REGIÓN.

Vida, suplemento La Región. Domingo  02706/2013

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTRAÑABLE  (Secundino Lorenzo).

Moneco "Fofuchas" caracterizado de Secundino

 

    Na Xuntanza deste ano 2013, celebrada na Veronza a carón da piscina, recibín un agasallo que non esperaba. Dúas fermosas mozas, compañeiras e amigas,  María e Charo, fixéronme entrega deste moneco pescador, camiñante, matemático, membro de Exaprin Ribadavia, con cara de bonachón, un pouco barrigudo, con moitas troitas de cores, e un longo etc. Moneco precioso  e que como vedes na fotografía,  figura xa como membro da familia e da miña casa ó carón doutros trofeos e afeccións...

    Andrés fixo a presentación e foron todo eloxios cara a miña persoa...Seica son responsable de que xa fai cinco anos teñamos estas xuntanzas e fagamos moitas andainas pola xeografía galega...Quedou claro que Andrés é un bon amigo e  ademais tira pra casa, como membro da directiva de Exaprin da que eu son Presidente de momento...

   Sei que teño moito que ver con que Exaprin Ribadavia marche ben e faga cousas e sobre todo que a xente esté contenta e animada, coa que está caendo,  pero tamén sei que sin a colaboración de moita xente, todos amigos e compañeiros, non sería posible casi nada. Por eso a mín "caeme a baba" , cando me entregan un agarimo como este, pero recoñezo que é demasiado.

  Tamén dixen unhas palabras pero non iba preparado e deixei algo no tinteiro, algo que me gustaría explicitar, deixeino caer pero gustaríame escribilo.

  Richard Gere, un gran artista e un tipo especial, dixo un día nunha entrevista:   que nunha etapa da súa vida estudiou e practicou  o "budismo" e que había aprendido millóns de cousas boas. Si tuvera que elexir unha, decía Richard,  escollería á da "mente iluminada ou bodhicitta". Pois ben eu non son partidario nin desta nin doutras doctrinas, pero todas elas teñen algo bon e o que dixo Richard Gere  gustaríamo decir o outro día xa que me parece básico na vida:

" si una persona es capaz de desarrollar unha motivación desinteresada, todo el universo cambia alrededor. ¡Así! [Chasquea los dedos]. El budismo lo llama   bodhicitta o la  mente iluminada. Cuando la flecha no apunta  hacia tu interior, si no que apunta hacia fuera, el mundo cambia de manera radical..."

    Pois ben,  eu sinto eso exactamente,  con temas como Alberguería, que sabedes que fago desinteresadamente, ou temas de natureza e a súa conservación, ou cando estou ou fago algo cós compañeiros e amigos de Exaprin...e cando son capaz de ter unha motivación desinteresada, en principio, e apuntando a flecha fora de mín... vivo o que dice Richard...

   O final,  a flecha regresa cargada de cariño, de respeto e de moitas máis cousas. Merece a pena e estou orgulloso de todo elo.

   Si algún non entendeu o que quero decir, ou ten dúbidas,  podémolo aclarar calquera día, que invite a unhas copas e listo...

Queda dito...

Moitas gracias. Gustoume o detalle moitísimo.

Fotografía de Andrés, e as mozas das que falo: Charo e María.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías da VI - Xuntanza.

Volver.