Sergio,  onde estés,  unha aperta do teu tío.

 

Sergio.

Como hoxe tiven tempo dabondo para todo: traballo, holganza, comer cos amigos e tomar uns chupitos, e "navegar2 un pocuo polo foro, pareime a leer o artigo que Paco Rego adica a Sergio (Sergio: El chico de la guitarra), e viñéronme a cabeza recordos daquela época, dos que xa me olvidaran. Non o recordo nos guateques porque pertenecíamos a "pandillas" distintas, pero sí me acordo da época do coro do instituto, do cal formábamos parte, xunto con outros compañeiros (Menacho, Aparicio, Guayanas,... etc.). Sergio formaba parte do grupo dos barítonos (baixos), e as veces, antes dos ensaios no salón de actos do instituto, colábamaos no mesmo unha hora antes, e nos poñiamos a tocar o órgano e a ensaiar, "a nosa maneira". ¡Sergio, ós teclados, `pegábelle ben a un tema que estaba de moda naquela: "Son of my father", do Grupo Chicory Tip (ou similar). Por suposto, estes ensaios non duraban moito, pois ben, ou viña o Braulio ou D. Julio, e nos botaba fora (sin castigo, porque eramos moi bos na área musical e imprescindibles no coro). A D. Alvaro, que era o director do coro, ocurréuselle nun curso, facer unha obra de teatro entre algúns dos alumnos que formábamos parte do coro, e deunos uns papeis nos cales eu facía de tio e Sergio de meu sobriño. Tanto nos chegou a enfrascar o papel, que ainda que a obra nuncha se chegou a representar (non recordo os motivos) Sergio e máis eu estivemos durante algún tempo chamándonos tio e sobriño como si realmente houbera un vínculo familiar entre nos. Anos despois, cando estiven estudiando na Coruña, entereime que había falecido, e quedoume enriba a magoa de non haber asistido a sua despedida.
¡Sergio, onde estés, unha aperta do teu "tio"!              

        

Sergio con outros alumnos no Salón de Actos do ITEM de Ribadavia, polos anos 70.

 

"Son of my father" 1975. Chicory Tip.

Amando Canitrot.

Volver.