Outras Xuntanzas fora das Xuntanzas anuais.

 

Estudando a Veronza e falando co responsable do Catering para o día 30 de Maio.

Efectivamente tuvemos una reunión o 12/05/2009 para tratar xa as nosas ideas co responsable do catering, e ademais escoller o lugar da Veronza máis axeitado así como estudar as medidas de seguridade e de logística.

Na reunión estuvo Julio Puentes, Mª José, Andrés,  Miguel o dono do Catering,  e máis eu.

 

Sin entrar en moito  detalle e indo o principal falouse de:

1) O Menu. Que se preparará para 20 persoas máis que as que teñamos no cerre do día 26 a noite. Será comunicado o día 27. Non hai problema ata 500...O que pase de eso bocata dende a casa...

2) Tratamos do viño. En  principio casi con seguridad habera un blanco que pode ser Viña Costeira e un tinto tamén do Ribeiro seguramente de Prado de Miño. Seguramente Anciño. Todo do Ribeiro, efectivamente Amando que non se diga...Tes razón como casi sempre...

3) Tratouse das carpas. Habera una,  onde collen todos. En principio estamos falando entre 100 a 150 persoas. Pero non habería problema.

4) Quedou determinado o lugar. Julio Puentes conoce a perfección o lugar e tódalas ventaxas e inconvintes. Logo informará o Alcalde e pedirá o que se necesite.

Ver as fotografías:

A Veronza é un lugar sensacional, pero temos que ter en conta que pode ser un día caluroso.

Este que esta o principio de todo, o carón do cachón ou presa do Avia,  é bon, moita sombra pero a carpa non se adapta fácilmente. Ademais os servicios quedan lonxe.

Este podería valer. Está inmediatamente despois das piscinas. O final é o lugar escollido xa que ten luz e auga. Tamén quedan máis preto os servicios da piscina.

Este que está despois dunha carballeira, colocando a carpa perpendicular o río é o mellor xa que a partir da una da a sombra,  o sol entra pola dereita onde están os árbores. Sensacional. Posteriormente  o día 14, comunícamente Julio que  ten problemas de auga e luz, polo tanto queda eliminado...

Tamén o día anterior poremos unha pancarta alusiva e por suposto balizaremos con cinta a zona on quedará a carpa.

5) Tamén, encargareime  de ter, tres ou catro días  antes,  un parte metereolóxico  especial para o día 30 de maio en Ribadavia o longo do día, pedireillo a miña alumna Beatriz Hervella que é aparte de presentadora do tempo na galega  unha das responsables do servicio metereolóxico galego, traballa no servicio de Predición precisamente. Faramo encantada...

Este parte será moi útil de cara a montar a carpa dun ou doutro xeito, para estar máis cómodos e frescos, aparte de seguros...

6) Tamén se trataron temas de recollida  de basura, de tarxetas, petición de datos etc.

Quedamos en reunirnos outro día.

 

Todo foi marabilloso menos o accidenteda miña man esquerda que casi me queda na porta do coche do Andrés, nin que o fixera a propósito...É Broma.

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces