Apuntes para unha historia do IES O Ribeiro. Ourense.  Etapa 1954-1968

(Escribe Secundino Lorenzo)

O primeiro centro situouse no Museo Etnológico situado na Rúa de Santiago de Ribadavia e á espera da realización do instituto actual. Ver en grande a  fotografía.

        

         Quero recordar,  ao comezo deste pequeno resumo daquela época do Instituto de Ribadavia,  á corporación do Concello de Ribadavia que presidía D. Emilio Gómez Casasnovas que tomou posesión o 22/12/1949 e baixo cuxo mandato se solicitou o Instituto Laboral de Ribadavia para esta vila. Un recordo cariñoso aos concelleiros D. Andrés López de Sampayo, D. Antonio Pinal Dávila, D. Gregorio García Rodríguez, D. Serafín Almuiña Rocha, D. Antonio Amaro Ama.  e como non ao meu gran amigo e compañeiro de Instituto e que aínda vive D. Braulio Soto, por moitos anos, logo bedel do centro.

Na fotografía vese a Braulio Soto entre outros profesores e persoal subalterno do Instituto no Ano Santo  Xacobeo dos sesenta ó que concurrieron tódolos institutos laborais e centros de Galicia.

        O Instituto de Ribadavia créase no  curso  académico 1953-54  ao amparo da lei de Ensino Medio de 1949. Basicamente a súa organización constaba de cinco cursos de ensino semiprofesional e posteriormente un bacharelato Laboral Superior de dous anos de duración cunha reválida.

        Nos centros impartíase  enseñanzas técnicos-profesionais  de acordo as zonas de localización dos mismos. En Ribadavia implantouse a modalidade de  BACHILLERATO LABORAL AGRÍCOLA.

Nesta fotografía vense parte dos talleres de carpintería onde, cónstame, facíase de todo. Nos meus tempos levábao Manuel Portela,  un sensacional profesional. No centro había talleres de carpintería, laboratorios agrícolas-gandeiros, ata con tractor, e laboratorios eléctricos.

Tractor do ITEM de Ribadavia para facer as prácticas agrícolas.

Alumnos do Instituto Laboral de Ribadavia plantando piñeiros nos montes de Cenlle. Ö fondo o río Miño en Castrelo de Miño, aínda có encoro sin facer. 1960.

          Os novos centros de Enseñanza Media e profesional tiñan como finalidade  específica a de facer extensiva a Enseñanza Media a un nº maior de escolares poñendo os alumnos a camiñar  na práctica profesional e capacitándoos para o ingreso en Escolas e  Centros Técnicos.

Laboratorio de Química con análisis químicos de viños e outras facetas.

Talleres de electricidade e medios técnicos. Neste caso o compañeiro Jesús Gómez, un grandísimo profesional que actuaba de Xefe de Estudios cando eu Cheguei ó centro en 1968. Jesús morreu na década dos noventa. Unha gran pérdida...

         O título que se expedía en Ribadavia polo Rector da Universidade de Santiago era despois de cinco cursos de estudios o de   Bacherelato  Laboral Elemental na modalidade Agrícola Ganadeira e que logo permitía continuar estudios para o título de Bacherelato Universitario, que os alumnos realizaban en Tuy.

Entrega de títulos ó final de curso.

Primeira Promoción do Instituto Laboral de Ribadavia. Entre outros están: Serafín Rodríguez Cortés, Manuel J. Pousa, Moncho Vázquez (Bar alfonso), Ladislao martinez, Tito Escudero, Manuel Castro, José Puga, Roberto Vázquez Formoso, Alfredo Vázquez Fermoso e Ramón Rodríguez. Como profesor Paulino Sanchez e tamén o Administrativo Braulio Soto Lorenzo. Ano 195?.
Fotografía doada por Tito Escudero ó Fondo AMECHIR e copiada para esta web.

Maqueta del Instituto laboral 1955. Ribadavia. Ourense. Pulsando en el medio se ve una foto real 1958.

Maqueta do novo centro inaugurado o sete de setembro de 1958.

     O sete de setembro do ano 1958 inaugúrase o novo centro do instituto, o edificio actual.

    Para o acto académico veñen a Ribadavia o Ministro de Educación Sr. Rubio, o Obispo de Ourense Monseñor Temiño, o Director General de Enseñanza Laboral Enrique López Niño entre outras personalidades como o alcalde de Ribadavia , naquela ocasión  D. Joaquín Robla, o director del Centro D. Manuel López Grien entre outros. Todo un momento clave e histórico  do pobo de Ribadavia.

Nesta fotografía sacada ese día precisamente, 7 de setembro do ano 1958 vese en primeiro plano o alcalde de Ribadavia D. Joaquín Robla, que ten a súa esquerda ó obispo de Ourense, ó ministro e  á Sra. Concha de Melón, Xefa local da Sección Femenina da bisbarra de Ribadavia.

 

Nesta  misma página web, tendes un amplo reportaxe fotográfico deste evento. Ver este link.

.

Este é o centro que fue inaugurado o 7 de setembre do ano  1958.

       Persoalmente tuven a sorte e a curiosidade de impartir varios años de este bachereñato, a miña  opinión personal é moi satisfactoria. Tratábase dunha mezcla boísima das materias comúns que se impartian pola mañán, lingua, matemáticas, xeografía, historia, francés, religión, etc., e unhas enseñanzas prácticas que se impartían xeralmente pola tarde. Os laboratorios estaban ben dotados en xeral e as  clases das materias citadas estaban orientadas ás partes prácticas da tarde.

     Posteriormente, ó amparo da lei de Enseñanza Media do 26 de febreiro do ano 1953 estos centros pasarían a chamarse Institutos Técnicos de Enseñanza Media, que foi como eu coñecín  ó Instituto de Ribadavia en 1968 cando me incorporei. En 1967 desaparece este  bacherelato laboral, vóvese ó bacherelato elemental de catro años,  e os  alumnos que entraban dáselle a oportunidade de trocar de plan.

Neste montaxe tendes un amplo grupo de profesores do centro deses anos, con algúns deles  como Julio Freijido, Guillermo Culell, María Orosa, Manuel Portela, Jesús Gómez, Pedro Moreno, José Antonio Puga, Gerardo Álvarez  tuven  a inmensa sorte  de compartir traballo, experiencias e amistade.

 

Neste  link tendes as  fotografías daquela época.

Tamén neste outro.

 

Volver.