.

Asociación

Cultural

Exaprin

Ribadavia

Asociación Cultural EXAPRIN Ribadavia. A nosa unión o haber sido alumnos, profesores ou traballadores do Instituto de Ribadavia. 1967-1977

  EXAlumnos    PRofesores    INstituto      Ribadavia

ASOCIACIÓN CULTURAL EXAPRIN RIBADAVIA.

 

INVITACIÓN

 

O mércores día 11 de febreiro ás 18 horas teremos,  no Club Artístico de Ribadavia,  a reunión de constitución da Asociación Cultural EXAPRIN Ribadavia.

Gustaríanos que estuvesen presentes nesa constitución os posibles asociados, os familiares, os amigos e unha representación do Claustro  do  IES O Ribeiro e  outras autoridades.

Tamén nos gustaría que estuvera presente a prensa que cubre as noticias de Ribadavia e a súa bisbarra.

Moitas gracias.

Secundino Lorenzo Fernández,  representante da Asociación Cultural EXAPRIN Ribadavia. Ex-profesor do centro (1968-1977).

 

 

 

Aclaracións:

 

EXAPRIN quere dicir EX-Alumnos e EX-Profesores-Instituto de Ribadavia.

Os artigos 3 e 23 dos nosos estatutos,  resumen, na miña opinión,  o que queremos que sexa esta Asociación e quen queremos ter de compañeiros.
ARTIGO 3:
A existencia desta asociación ten como fins:
a. O mantenemento da memoria de Ribadavia e a súa bisbarra, así como do  Instituto Técnico de Enseñanza Media de Ribadavia, actualmente Instituto de Enseñanza Secundaria O Ribeiro, lugar xeográfico e conxunto de alumnos que cursaron nese centro dende 1967 ata 1977, así como os  profesores e personal que traballou no centro durante esos anos.

b. A transmisión ás novas xeracións do patrimonio cultural por vía oral, escrita ou telemática, de canto contribúa ao recordo da história de Ribadavia e a súa bisbarra, así como o Instituto citado e a súa proxeción social..

 “ARTIGO 23
Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da Asociación. Os que desexen ser socios deberán cumprir con polo menos un dos  seguintes requisitos:

a) Haber sido alumnos do I.T.E.M. de Ribadavia, ou I.N.B. de Ribadavia durante os anos 1967 a 1977.

b) Haber sido profesor ou personal subalterno ou empleado no instituto citado durante esos anos.

c) Ter relación familiar  ou afinidade con persoas consideradas nos puntos 23.a. e 23. b.”

O resto dos  estatutos está neste link http:/www.iribeiro.es

A primeira xunta directiva está constituida por dous profesores e catro ex-alumnos.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.