FINS DA ASOCIACIÓN
ARTIGO 3:
A existencia desta asociación ten como fins:
a. O mantenemento da memoria de Ribadavia e a súa bisbarra, así como do Instituto Técnico de Enseñanza Media de Ribadavia, actualmente Instituto de Enseñanza Secundaria O Ribeiro, lugar xeográfico e conxunto de alumnos que cursaron nese centro dende 1967 ata 1977, así como os profesores e personal que traballou no centro durante esos anos.b. A transmisión ás novas xeracións do patrimonio cultural por vía oral, escrita ou telemática, de canto contribúa ao recordo da história de Ribadavia e a súa bisbarra, así como o Instituto citado e a súa proxeción social.
Os fins anteriores perseguiranse cun talante de amistade e armonía, razón pola cal a asociación desvincúlarase de calquera compromiso de tipo ideolóxico, político ou relixioso e os seus asociados evitarán todo tipo de discusións ou conflictos neses ámbitos. Por iso, calquera actividade que faga referencia a esos tipos non será autorizada.
ARTIGO 4
Para o cumprimento destes fins realizaranse, entre outras, as seguintes actividades:
a) Establecer relacións e contactos coas institucións públicas (Concello e Comunidade, principalmente) naqueles asuntos que afecten ao artigo tres destes estatutos.
b) Organizar e promocionar a festa xuntanza de antigos alumnos, personal non docente e profesores, que tratarán de realizar tódolos anos.c) Montar e ofrecer, en base a grupos de traballo: actividades culturais e recreativas, xornadas por exemplo de "turismo de cercanías", cursos, talleres de ferramentas informáticas, encontros, faladoiros, etc. para os socios.
d) Traballar na recuperación de tradicións e costumes.e) Publicacións, conferencias, páxina web, libros, etc.
Saír.