Os locais de ensaios de "Los Cisnes"

Lembranzas de José Luis Escudero.

 

Saír             Escribe Pepe Lui.          Saír

 //

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os ensaios dos Cisnes

 

OS LOCAIS DE ENSAIO DOS CISNES

 

Fotografía sacada a partir da montaxe de abaixo.



    Coñecin tres locàis de ensaio dos varios que tiveron. Quen millor pode falar desto por suposto son eles mesmos, e Julio en  particular.
Pero estes tres en particular teñen o seu “encanto”.

    En orde cronolòxico, o primeiro destes tres que eu coñecìn e frecuentei un tempo, era unha especie de galpón sito no barrio da Estación, ò comezo da baixada cara o Consello, a esquerda (evidentemente) según baixamos, moi perto da casa familar de Manuel (Muito), o teclista, sò unhos cantos metros antes na mesma acera.  Este local, se pode chamarse asi, era màis parecido a un chamizo, unha chabola,... que a outra cousa. A verdade era que semellaba moi arriesgado deixar un material naquelas condiciòns, pensando que daquela se non me equivoco xa tiñan case todo o mellor material que foron sendo capaces de adquirir. Alomenos as guitarras Fender, a bateria ou os teclados penso que xa eran os mesmos que tiveron de ahí en adiante. Non sei se xa tiñan as cabezas Marshall ou ainda tiñan as de lámpadas, que se estaban a fundir cada dous por tres ò quentarse.
O risco de gardar o material en aquelas condiciòns non era pequeno, e non porque llo poidesen roubar, senòn pola exposición à humidade e as chuvias, ou a un incendio por exemplo. Tràtase de material electrico fundamentalmente, exceptuando a bateria.
Era un local increíble. Làstima non ter fotos daquel antro. O rock de garage (chamado asi porque naceu nos garaxes) pareceria de Versalles (os garaxes de verdade comparados con aquel chabolo) .

Nesta  fotografía aparecen Julio (Ruso) coa sua Fender Telecaster flanqueado por Mouse cunha guitarra acùstica e Javier soplando o saxo (dixen ben, soplando que non tocando).



         O seguinte local xa parecìa un palacio comparado co anterior. Estaba tamen no barrio da estación, un pouco antes de chegar ò Bar Alfonso na  mesma acera. Este xa era un baixo, modelo garaxe ou almacen, espacioso e seguro, ainda que un chisco desarreglado e polvoriento. Pero comparado co anterior antro, non moi lonxe dalí, ero o paraíso. Habia espacio suficiente para montar todo o instrumental con holgura, a amplificación de voces e as columnas, e a sonoridade tamen era, penso, moito millor. No local anterior debido ademàis as suas dimensiòns, cando se xuntaban a ensaiar parecian masificados. Aquí non. Habia suficiente espacio. Muito, o teclista, xa tiña o tweeter, un artiluxio para potenciar o sonido dos teclados. E polo menos a Stratocaster de Paco xa tiña unha cabeza (ampli) Marshall.

 

Desta montaxe de Pepe Lui  saliu a de abaixo.

Esta fotografía é unha montaxe que fixen con catro fotografias distintas para abarcar un maior campo de visiòn dun dos ENSAIOS donde os Cisnes gardaban o material e ensaiaban. Este ensaio estaba situado na EIREXA DA MAGDALENA, romànico do seculo XII ou XIII. A foto anterior tamen està tomada dentro do local de ensaio que tiveron unha tempada nesa Eirexa. Que tal a montaxe?
 


       E por ùlimo, o local màis alucinante de todos sen dùbida foi a eirexa medieval da Magdalena, xoia do románico local. Un verdadeiro luxo.
È deste local do ùnico que teño  fotos, ainda que en ningunha estan ensaiando os Cisnes, salvo nunha na que aparece Julio, seguramente momentos antes de comenzar un ensaio. Pero pódese ver parte do material e instrumental : a bateria Honsuy do Aleman, que tocaba às veces Moncho (Chuca), o baixo Fender Jazz bass de Venancio, que tocou (ou polo menos o intentou) Javier, e que aparece nunha foto no intre de sacalo da maleta mentres Moncho està a montar unha peza da bateria, un amplificador que non sei se è o Marshall, non se ve moi ben, algunha columna de sonido, micros,..etc.

 

Na fotografía o Moncho /Chuca), tocando a batería Honsuy do Alemán.


      Este local, por ser unha eirexa, daquela totalmente vacia por dentro, salvo algùns elementos dun Club Xuvenil que o cura (¿D. Benito?) deixara ali, entre eles (o màis apreciado polos que frecuentábamos o local) un FUTBOLIN. Fútbol e rock’n roll! ... aquelo era vida, jajaja...
A pesar de ter todo o material montado e desplegado con holgura, ainda asi a eirexa parecìa estar case vacia. Sen embargo, como non podìa ser menos nunha construcción do románico medieval, a acùstica era simplemente perfecta. En ningún dos locàis anteriores sonaba millor todo, e eso a pesar de que a maior parte da eirexa estaba vacìa.

Aquí os tres que aparecen tocando, ou facendo que tocamos son Pepe Lui (José Luis Escudero) coa Fender Stratocaster de Paco (Bailón), Francisco Javier Gómez Suárez co Fender Jazz Bass de Venancio Montero, e Moncho (Cuca) coa batería de José Benito Touza (Alemán). Por suposto tamén se ve un pedazo da cúpula fa eirexa da Magdalena e na parte esquerda un cacho do órgano que tocaba Manuel Lorenzo (Muito)



      Hai que salientar tamen, como xa dixen noutra ocasión, a xenerosidade coa que todos os componentes dos Cisnes, e especialmente Julio xa que a fin de contas era o leader do grupo, polo menos era o que màis traballaba, o que montaba as canciòns, o que se preocupaba de que estuvera todo a punto, (ah! e tamen o que se cabreaba as veces con algùns deles, porque a verdade era que eran moi boa xente, pero un pouco vagonetas algún tamen, e se  non que o diga Julio..jajaja...)  etc... , nos deixaron o seu material para ensaiar ou simplemente disfrutar da posibilidade de tocar con un instrumental e medios que ainda daquela non estaban fácilmente ò alcance de calqueira, e que sò sabes a diferencia de sonido de tocar cunha guitarra española de 1.500 ptas a facelo cunha Fender Telecaster e unha cabeza Marshall, sò cando o fas realmente. O sonido dos discos, das canciòns que nos gustaban, non podiamos aspirar a logralo con guitarras españolas de 2.000  pelas, por moi ben que tocaras.



¡ GRAZAS CISNES !

 

Este traballo pode completarse con outros:

.-Los Cisnes os Beattles de Ribadavia.

.-Homenaxe a Los Cisnes. Festa do Portal de Ribadavia 2021.

.- Video feito por Secundino Lorenzo na  homenaxe do 10/09/2021

 

Saír