O ecoloxismo no Ribeiro. Antecedentes. Unha aproximación.

Xosé Luis Escudero  e   Secundino Lorenzo.

 

      Falar de Ecoloxismo no Ribeiro e falar da Asociación Ecoloxista Coto do Frade de Ribadavia, unha Asociación que leva loitando,  dende fai moitos anos,  pola saúde da natureza Ourensán e en concreto da comarca de Ribadavia.

       Fai anos que os coñezo (escribe Secundino),  estuven con eles no anguieiro no ano 2000, e quedei impresionado da desfeita que supón o encoro de Frieira para a desaparición da anguía nos nosos ríos; e agradecido as súas protestas que xa viñan do ano 1995. Engadir que a súa loita está ahí, e que cada día que pasa a desfeita é maior. Non se fixo nada en Galicia pola anguía e todo foron mentiras cara a opinión publica. Hoxe no 2009 non está resolto o problema en absoluto...

Imaxen sacada por Secundino Lorenzo no encoro de Frieira no ano 2000. Aquel ano, como outros moitos,  loitaron por conseguir as escadas anguieiras.

O que se ve é unha das comportas do Encoro de Frieira,  a onde baixaron varios membros de Coto do Frade para coller anguías, que nada menos que suben por ese hiliño de auga a centos. Realmente viñen impresionado, da loita da anguía por remontar e de como morren no intento.. Foto Secundino L.

 

        Logo estuven con eles na loita en contra da minicentral do río Cerves que supuso para este río unha merma incrible de caudal a partir da antigua estrada de Ourense a Vigo, en Melón,  ata a desembocadura, aparte da desfeita da zona, seica algún castro e moitas máis cousas. O final cunha pulpada e pouco máis a empresa resolveu o problema. Prometeo ata unha cafetería. un camping e a tira de cousas...País...

Minicentral do Cerves feita nun lugar que debera ser declarado de Especial Protección. Nel están as Pozas de Melón e por baixo hai un tramo do río con unhas fervenzas incribles. Hoxe, o río nese lugar, é  un lugar peligroso.  Foto Secundino L.

Nesta imaxen vese a desfeita que supón a construcción dunha minicentral nun río. Aquí fixéronse burradas de todo tipo, dende a morte das troitas río abaixo polo cemento, foixelle a man, ata o destrozo  dun Castro Celta. Foto Secundino L.

 

Pola misma época tamén pretendían facer unha minicentral no río Outeiro (para mín o regato de Barcia), cousa que non se fixo,  sin dúbida debido as presións entre outras de Coto do Frade.

 

Río Outeiro, o río no que Engasa quería facer unha minicentral. Engasa fixo a do Barbatiño, menudo desastre e outras por toda a xeografía galega. Foto Secundino L.

Ponte sobre o río Outeiro en Francelos, Coto do Frade organizou varios actos en contra desta minicentral, que ao final non se realizou.Foto Secundino L.

 

          Actualmente Coto do Frade está en tódalas movidas na que haxa que defender un monte, un bosque, un río, unha zona, un parque, ou o que sexa.. Coto do Frade sempre estuvo a defender a Galicia e polo tanto a Ribadavia e a súa bisbarra nos  atentatados ao río Avia, Couso, Maquiáns, Outeiro, Cerves,  etc. , nos lumes e outros centos de falcatrudas contra a nosa natureza, por suposto sin olvidar o desastre do Prestige que vivió en primeira liña..

Coto do Frade leva casi vinte anos defendendo a natureza do Ribeiro e de Galicia.

Asociación Ecoloxista Coto do Frade.

Apartado de correos, 32. 32400 Ribadavia. Ourense.

Páxina web  http://www.cotodofrade.org

Tamén publica a revista "Revolta Verde"

Decir para rematar que dende fai xa uns cantos anos son membro desta Asociación Ecoloxista que penso que o está facendo moi ben no Ribeiro. Lembrar fai uns días a súa denuncia da aparición no río Avia de moitos  amieiros secos e mortos y a petición dunha solución "científica", e o seu non rotundo a unha tala indiscriminada como se falou o principio como solución.

Este é o ecoloxismo hoxe en Ribadavia.

Nota: revisando este texto decir que hoxe setembro de 2021 Coto do Frade xa non existe. Dende estas liñas, os seus membros felicitalos pola súa loita de moitos anos. Gracias "Coto do Frade".

Pero que antecedentes hai en Ribadavia deste ecoloxismo (Xosé Luis Escudero)?.


Aproveitando dùas circunstancias: unha, a xuntanza na Veronza (2ª Xuntanza da Asoc. Cult. Exaprin Ribadavia) que fixemos fai pouco, e outra, a inquedanza ecoloxista polo noso entorno, que últimamente se manifesta no foro, envioche esta serie de 9 fotos que foron tomadas penso no veràn do 77 (xullo ou agosto) co fin de retratar o lamentable estado da praia fluvial tradicional da vila e o interès dunha xuventude ribadaviense por tomar conciencia desta problemàtica. Ven a relacionarse ademàis co contido dun dos escritos de Paco Rego no que facìa referencia ao que me pareceu entender serian as orixes das primeiras inquedanzas ecoloxistas no Ribeiro.

Aspecto que presentaba a Veronza en 1977

 

Aspecto que presentaba a Veronza. 1977


Oito fotos retratan diferentes puntos de vista daquela Veronza, co que se pode contrastar tamen coa que hoxe temos e apreciar os cambios que houbo, sexa para ben ...ou non. E nunha delas aparecen os protagonistas, polo menos a maiorìa, e quizais non sexan todos os que estàn, nin estàn todos os que son, pero è unha mostra moi representativa dos que fomos. Aquela foi a primeira acciòn,.... pero tamen a ùltima, polo menos eu non lembro outra màis. Foi màis testimonial que outra cousa, pero creo que alomenos era a primeira acciòn de este tipo que se facìa naquel entorno. Era puro voluntarismo, ganas de facer algo nese sentido, ainda que saber saber, non sabiamos case nada. De feito, se mal non me lembro, a porqueria que recollemos naquela mañan queimàmola ali mesmo, o cal non è moi ecoloxista que digamos. Pero daquela non sabìamos màis.

 

 

 

 

Estas fotografías da Veronza no verán de 1977 e o estado do río Avia foron os detonantes de unha primeira formación ecoloxista no Ribeiro que se chamou "Ecoloxistas do Ribeiro"

 

Pancarta dun grupo de amigos en 1977 en defensa dunha "Veronza limpa".

Na pancarta falan de "Ecoloxistas do Ribeiro"

DE PE (de esquerda a dereita): Paco Rego, Angel Freijido Seoane (Gelin), diante de Gelin un irmao menor de Portal a muller de Paco Rego, logo Braulio Soto Martin (Bra, fillo maior de Braulio), Miguel "o Vasco", Luis Manuel Gonzalez Escudero (primo meu, fillo de Manolo o do insti), Jorge Freijido Seoane, Fermin Freijido Seoane (ambos irmaos de Gelin), sentado no chan estou eu Jose Luis Escudero Fernandez (PepeLui), e sentados na bici, Jorge Escudero Sarmiento (tamen primo meu e alumno do ITEM) e detràs del un gran rapaz ao que lle chamàbamos cariñosamente "Hendrix" (pola foto è evidente o por què), e que traballaba na fàbrica de ataùdes "dos Chaos".

 

Outra vista da Veronza a da Ponte sobre o río Maquiáns.


A idea è abrir unha ficha co tema do  ecoloxismo no Ribeiro ,  ilustralo coas fotos, e a ver se se anima a xente a ir deixando os seus comentarios, como sempre.
Na foto do incipiente e fugaz grupo ECOLOXISTAS DO RIBEIRO (doume conta agora que xa tiñamos a perspectiva COMARCAL, non era sò cousa da vila) estàn :
DE PE (de esquerda a dereita): Paco Rego, Angel Freijido Seoane (Gelin), diante de Gelin un irmao menor de Portal a muller de Paco Rego, logo Braulio Soto Martin (Bra, fillo maior de Braulio), Miguel "o Vasco", Luis Manuel Gonzalez Escudero (primo meu, fillo de Manolo o do insti), Jorge Freijido Seoane, Fermin Freijido Seoane (ambos irmaos de Gelin), sentado no chan estou eu Jose Luis Escudero Fernandez (PepeLui), e sentados na bici, Jorge Escudero Sarmiento (tamen primo meu e alumno do ITEM) e detràs del un gran rapaz ao que lle chamàbamos cariñosamente "Hendrix" (pola foto è evidente o por què), e que traballaba na fàbrica de ataùdes "dos Chaos".

 

O río Avia, cunhas beiras que daban pena.

 

Observar o aspecto descuidado e cheo de porquería que presentaba a Veronza no verán de 1977



Ata aquí este pequeno traballo sobre ecoloxismo no Ribeiro que iremos completando pouco a pouco.

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  

|   Historia |   Curiosidades | Lembranzas  | Email | Enlaces