Ribadavia no Diccionario de Madoz.

Portada do diccionario de Madoz.     Ribadavia no ano 1870, fotografía de J. lauren. ponte de San Francisco no río Avia.

Decir que Madoz no ano 1850 publicou o seu famoso diccionario "Geográfico histórico Estadístico de España y sus posesiones en Ultramar".

No que respecta a Ribadavia,  Madoz escribe Rivadabia,   cousa que me resulta estraña,  tengo en conta o que dice sobre este topónimo Frutos Fernández González, alumno, en tempos,  do ITEM de Ribadavia, e  que recolle na páxina 249 do seu libro Nomes do Ribeiro o seu significado.

O nome de Rivadabia aparece no tomo XIII e na página 504 do diccionario de Madoz. Actualmente figura dixitalizado pola Biblioteca de Andalucia e sacada da Biblioteca Provincial de Cádiz,  e tense acceso neste link..

Ver ó que dice Madoz de Ribadavia no ano 1850.

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |

|   Historia |  Curiosidades  |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ribadavia no Madoz.

 

Aclarar que Madoz e os seus colaboradores escriben Rivadabia en vez de Ribadavia, sin dúbida moi mal asesorados...

Esto era o que contaba Madoz de Rivabadia,  hoxe Ribadavia. Fai unha división en Partido Xudicial, Rivadabia capital do Concello e Rivababia Concello:

Aclarar que o texto ten varios errores, un por exemplo o dos dous ríos o Maquianes e o Beronza cando son o mismo,  pero aporta moitos datos cara coñecer como era Ribadavia Partido Xudicial,  Concello e Ribadavia pobo.

Tamén a distancia a Ourense non é correcta.

As abreviaturas aplicarlles a lóxica por exemplo c. é ciudad; c.g. capitanía xeral; rs son reais; v villa, r río entre outros.

Fala de catro Rivadabias, pero está claro que son as parroquias das que fala logo...

Poñendo dereita a páxina temos:

Esto debe entenderse por exemplo que según Madoz entre Rivadabia e Orense hai 3 leguas, o cal é incorrecto.

Decir que cando fala de legua refírese a 5,5 kms. A Ourense pon 3 leguas ou sexa 16,5 kms que penso que ni polo atallo..... A Ourense en liña recta hai máis de 4 leguas exactamente (22,7 kms.). Polo río arriba collendo o río en Castrelo e sin encoros hai  4 3/4 (exactamente 26 kms.), o mismo que pola estrada actualmente. En definitiva, tema que se pode discutir,  o de 3 leguas está incorrecto. Debera poñer 4  1/2  leguas.

Por outra banda si de Ourense a Melón hai 6 leguas e de Ribadavia a Melón 1 1/2 está clara a diferencia 4 !/2 leguas.

Seica o Partido Xudicial completo tiña 30.745 almas (habitantes).  5870 soio en Rivadabia e as súas 13 feligresías...

Rivadabia:  o nucleo urbán fala de 334 veciños e 1.315 almas (habitantes).

Esos dous regatos,  Beronza e Maquianes eu creo que son o mesmo...

Exactamente: o viño Ribeiro é o mellor de Galicia, neso acerta plenamente...

O das anguías, troitas, lampreas, sábalos e algúns salmóns é para chorar...

O da estadística criminal, sin comentarios...

O de Abóbriga habería que explicar a que se refire... Ver máis abaixo a entrada de Madoz...

Ata aquí o que escribe Madoz e os seus colaboradores de Ribadavia, que poñen Rivadabia.

----------------------------------------------------

Nota sobre o nome de Abódriga e a súa teoría que recolle Madoz nesa palabra e tamén na palabra Adóbriga:

Incrible o de D. Gregorio Mayans, non sei o que opinará do tema o noso compañeiro Frutos. A mín en principio non me parece nada fundamentado....

Nota: Efectivamente Frutos Fernández  ten un artigo titulado "O Ribeiro como nome: mito e historia" onde fala entre outras cousas da fantasía que supón o tema de asociar Ribadavia a Abobriga:

..."Moi coñecida, e difundida, é a teoría –máis ben fantasía- que identifica  Ribadavia co oppidum Abobriga de Plinio. Igual mérito se disputan: Baiona, Oia, o monte de Santa Tegra, a cidade de Aveiro en Portugal ..... Para complicar un pouco máis as cousas, nin sequera estamos seguros de que o nome correcto fose Abobriga, pois Pomponio Mela rexistrou Adrobriga. Pero non é de Abobriga do que quero falar, senón de Ribadavia e do Ribeiro..."

Os interesados:  ver o artigo completo de Frutos Fernández.

 

Posteriormente Frutos Fernández faime chegar un Programa de las Fiestas del Portal do ano 1951 onde hai un artigo sensacional titulado "Ribadavia: leyenda y realidad de sus orígenes" que fala sobre o mismo tema. Un artigo que Frutos atribue a Rubén García.

Ver o artigo de Rubén García?,  neste link.

      

Volver.

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |  

|   Historia |   Curiosidades  |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                   

O análisis  do topónimo Ribadavia.

 

Neste sensacional libro,  editado no ano 2007 polo Instituto de Estudios Carballiñeses,  Frutos Fernández deixa ben claro que o topónimo Ribadavia ven do latín  ripa avia  "Ribeira do Avia".

Aclara que o principio, esta denominación  correspondía a tódolos pobos que se atopaban  na Ribeira do río Avia, e pón varios exemplos.

Posteriormente a partir de mediados do século XII xa se comenza a ter noticias do Burgo de Ripa Avie. Esos burgos eran poboamentos onde se asentaban os comerciantes e artesáns, sempre a carón  dalgunha fortaleza. Así xa hai referencias documentais en documentos de Oseira de 1.170 e outros.

Anos máis tarde en documentos de Alfonso IX  en 1213 xa se recolle o nome da vila en forma moi parecida a actual.

Frutos Fernández explica no texto os puntos anteriores para rematar neste texto que recollo o pé da letra:

..."En resumo,  o nome de Ribadavia corresponde o do antigo  Burgo Ripa Avie,  que naceu entre finais do século IX e principios do século XII. A importancia da Vila fixo  que pronto o nome se desprendese da definición de Burgo, feito que sucede en paralelo a formación do nome  composto Ripaavie que de seguida evoluciona a Ribadavia..."

Volver