III-Andaina-Mixta Exaprin: CANON DO SIL 

Chuleta da III andaina. Pulsando nas figuras tendes a chuletilla da andaina. Tamén se pode imprimir.

    

 

Chuleta da III andaina-Mixta Exaprin:

CANÓN DO SIL.

  Chuleta da andaina.

              

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

                                           

 

 

 

  Este é o afiador. Veremos unha exposición de rodas de afiar no Mosterio de Sto. Estevo na primeira planta. Sin dúbida, o afiador é o traballo máis representativo da zona . Xa sabemos o de "Ourense terra da chispa", tamén "Ourense terra de afiadores e paragueiros". Esta estatua está nunha plaza de Luintra. Pasaremos por alí.

 

  Peares. "Acea do Bubal", trátase dunha casa de turismo rural mismo na desembocadura do río Bubal, afluente do río Miño xusto a trinta metros. Os Peares é onde empeza o canón do río Sil. Aquí aproveitaremos para citar o "Principio de perceptoloxía" según o cal o río que no momento de xuntarse forme maior angulo coa dirección que sigue é o río principal. Según este principio, o río Sil é afluente do río Miño. Non creades que a cousa e tan fácil xa que "O Miño leva a fama e o Sil leva a auga". O licenciado Molina decía que o principal era o Miño, que non era extranxeiro...Eso sí o máis longo é o Miño (310 km.), contra o Sil (225 km, 106 en Galicia).

Observar que o ángulo A que forma o río Miño coa súa prolongación e maior que o ángulo B que forma o Sil coa prolongación.

 

Mosterio de San Estevo de Ribas do Sil: mosteiro Bieito (Ora et labora,  xa sabedes),  (Século X inda que xa no VI era cenobio). Este monasterio na Desamortización de Mendizabal no século XIX  (1.835) e posteriores anos quedou feito un desastre. Ver fotografía más abaixo. Hoxe está totalmente reformado (Suances, Freixido e Vecoña foron os arquitectos que fixeron a reforma, discutible pero quedou bastante ben) e ten fama de ser un parador fora de serie. Dende logo está nun lugar marabilloso e ten unha ladeira de castaños impresionantes ata o río.

No parador temos de todo dende tres claustros dous renacentistas (o grande e o pequeno onde estaba a piscifactoria do monasterio, tiñan troitas e anguías, estos si que sabían...) e un románico o dos obispos que hai que ver con detalle, as dobles columnas, as figuras do teito, as pinturas do Sur, todo impresionante. Ten outro piso superior doutro estilo,  oxival dexenerado do s. XVI;  ata una fachada barroca con tres escudos que hai que ver (O Imperial arriba o do monasterio coas 9 mitras de obispos entre elas a do famoso Franquila e o de Castela, congregación de Valladolid, a dereita). Unha iglesia románica (S. XII) , pero con moitos elementos de transición e  que ten unha construción moi especial.  que chama a atención. Ten tres naves, ver como dunha, máis baixa,  parten as outras, polo tanto máis altas. A iglesia é pequena pero merece a pena vela. Ten un retablo pétreo moi curioso, é románico que representa a Cristo e os apóstoles.

No Monasterio había de todo dende panadería, hospital, hospedería,  casa da inquisición, casa do ciruxán (estaba fora), etc. Pasaba un pequeno río pola cociña...

Do parador actual gústame moito un comedor que teñen abaixo entre castaños, pódese ver. As habitacións están ben pero o precio chégalle (no 2011 un fin de semán 110 €).

    

 

 

Mosterio de Sta. Cristina. De camiño de S, Estevo a S. Cristina pasaremos por dous miradores ó canón do Sil dende un deles está sacada a fotografía que vedes máis abaixo. Tamén veremos onde Iberdrola pretende facer un Lago, que crea moito división na xente, e  que vai afectar moitísimo a zona.

O Mosteiro de Sta. Cristina (s. XII a iglesia, do cenobio xa se fala no ano 876), o cal baixaremos andando como un km. entre castaños, como vivian os monxes..., está nun lugar incrible. Dentro do pequeno, é fermosísimo. A iglesia é románica pura ( planta de cruz latina, con tres absides no cruceiro, ventanales e arcos de medio punto). Dentro da iglesia pouco hai hoxe , o retirar o altar apareceron as pinturas de tres Santos, S. Domingo, S. Antonio e S. Tomás e por riba Santa Lucía e Santa Bárbara. No vos perdades pola parte da fora, os canes,  as figuras con elementos decorativos que fixeron os canteiros, destacan as figuras de personas, algunhas en posicións simpáticas e as bestas;  hai de todo...

Os laterais son moi bonitos con ventanais enmarcados en columnas, casi nada...

O rosetón e a portada son únicas.

A torre da iglesia é especial, a arquería apuntada na base é gótica.

Na fachada principal da iglesia tendes a firma do canteiro -xefe. Hai que buscala?..

O mosteiro é pequeno pero espectacular. É posterior,  s. XVII.

Os monxes pasaban de Sta. Cristina a San Estevo, xa que no s. XVI foi priorato anexo.

Dice moita xente que "en Sta. Cristina buscouse a Deus, con máis ventaxa que noutros lugares..."

 

     

Ollo, esto é o que queren facer, moi preto de Sta. Cristina.

 

O barquilleiro de Parada do sil. Os barquilleiros dedicábanse a fabricación e venta de barquillos, que era unha pasta delgada que facían con forma de barco ou abanico, tamén en forma de tubo. Eran de sabor exactamente como os cucuruchos dos xelados. Sabía ben. Iban pola festas e levaban os barquillos nun cilindro que remataba nunha tapadeira que tiña unha especie de ruleta. A xente pagaba, dáballe o redor a ruleta e o que tocaba un tipo de  barquillo, as veces dous, etc. Ver a tapadeira na fotografía de abaixo.

Inda hoxe se ofrecen barquillos en algunhas praias de Galicia. As veces en Riazor, na Coruña.

No Concello de Parada do Sil,  onde hai una figura para lembrar o barquilleiro,  moitos veciños practicaron esta venta en tódalas festas de Galicia e tamén en outros lugares como Madrid, víanse moito no San Isidro en tempos, despois da guerra.

   

Na esquerda está a tapadeira do barquilleiro e algunhas das formas así como o molde. A dereita un barquilleiro en Madrid, no San Isidro.



 

Os Balcóns de Madrid. Son uns miradores moi espectaculares que hai en Parada do Sil e nos que se pode ver, si o día o permite,  varios kms. de Canón do Sil. Merece a pena.

Chámanse "Balcóns de Madrid" , primeiro porque son miradores e segundo porque nese lugar, abaixo no canón, había uns barqueiros que pasaban os barquilleiros de Parada do sil o outro lado. Os Barquilleiros iban a Monforte para coller o tren que os levaba a Madrid. Alí vendían os seus barquillos.

 

 

A ruta de Barxacoba. Entre Parada do Sil e a Teixeira atopamos o Canón do río Mao, que dende Leboreiro baixa ata Barxacoba. Espectacular e inacesible salvo polo canle do río. En moitos lugares ten fervenzas de moita altura. Teño ganas de velo dende un avión, seica é impresionante. Por certo na zona hai ese servicio de vo, xa vos direi onde...

Pois ben,  na súa última parte, antes de chegar e desembocar no río Sil, rematan de facer un sendeiro de 3,15 km. moi espectacular. O sendeiro pode facerse hacia a desembocadura, dende a antigua fábrica da luz ata Barxacoba ou o revés.

Nos farémola baixando, como corresponde... O río actualmente leva auga, é un río bravo con moito desgaste de rochas e non poucas marmitas, poteiras, pilacóns o como queirades chamarlle a esos pequenos pozos que fai a auga xunto coas pedras nos leitos dos ríos e logo producen remuiños.

A zona ten unha vexetación moi rica  en  amieiros, salgueiros, loureiros, pradairos e madroños. Destacan como plantas entre outras típicas:  a xilbarbeira e a cantroxiña.

 

Mosteiro de Montederramo.  É o mosteiro Cisterciense máis importante da Ribeira Sacra según os entendidos. O primeiro documento que consta deste mosteiro débese  a dona Tereixa de Portugal e foi firmado en Allariz polo que cede os frades bieitos un lugar na Rivoira Sacrata  para que funden un mosteiro. De tódolos xeitos hai moita controversia.

O que si se sabe é que en  1518 pasa a integrarse na congregación de Castela.

Inda non está de todo restaurado xa que na parte monacal inda hai un colexio, abaixo unha panadería, etc.

O altar si está restaurado e parte do coro impresionante. En tempos do coro levaron todas as figuras...

Un dos claustros é precioso, ten un medallóns que hai que velos e o estilo é renacentista..

Afectuolle o terremoto de Lisboa a iglesia, podemos ver como.

                                                                                                             

Ata aquí a chuleta da excursión do sábado.

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces