Detalles da XI-andaina Exaprin

RUTA POLA BEIRA DO RIO DEVA (Cortegada)

15 de Octubre de 2016

PROGRAMA

09h30 Punto de encontro na Pensión Buenavista (ao lado da gasolinera

en Cortegada).

10h00 Comenzo da andaina circular (ao final chegamos ao punto de

partida). Duración aproximada: 2h30’. Lonxitude: 10km. Grao de

dificultade: Fácil.

13h00 Ao finalizar a andaina, aperitivo nun muiño do rio Deva.

14h00 Xantar de confraternidade na Adega Val Do Deva.

________________

E todo iste programa por 25 euros por persoa.

______________

Os que queirades participar, ingresade este importe de 25 euros en

Abanca, na conta de A.C.Exaprin: ES77 2080 5332 8730 4003 2481.

No apartado Observacions do ingreso/transferencia, poñede o voso nome.

Ver a convocatoria completa con fotografías da zona e detalles

básicos, como o perfil. 

   Volver a www de  Exaprin

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Itinerario-Horario, comida e outras cousas.

 

 

A fotografía está sacada na porta do parque Peneda-Geres. Concretamente na Porta de Lamas de Mouro

O final estuvemos na Peneda e no pueblo de Castro Laboreiro.

De Ribadavia fomos por Francelos ata Arbo seguindo o río Miño. logo Melgaço e A Peneda.

Estuvemos onte día 07/09/2015 na Peneda. Espectacular. Foto S. Lorenzo.

Estas son unhas pequenas mostras do que vimos, uns días antes. Foto S. Lorenzo.

A Virxen da Peneda unha xoia da zona. Camiño do Tibo e con rutas marabillosas que facer. Foto S. Lorenzo.

Aquí estaremos pola mañán e faremos unha andaina: uns subiran a cima que se ve, onde hai unha lagoa e outros farán outra ruta máis doada.

Pola tarde iremos despois de comer a ver Castro Laboreiro:

Castro Laboreiro , río Laboreiro. Foto S. Lorenzo.

Espectacular marmitas de xigante (furnas ou caldeiras). Foto S. Lorenzo.

En Castro Laboreiro hai moito que ver: o castro, o castelo, o río e as caldeiras, esta igrexa románica dos templarios, e máis cousas. Foto S. Lorenzo.

 

 

Esta foi a convocatoria:

 

Ribadavia, Outubro de 2015. Convocatoria.

IX - ANDAINA  EXAPRIN RIBADAVIA para "Socios da A.C. Exaprin Ribadavia e amigos".

A Peneda e Castro Laboreiro: 17 de outubro 2015.

Horario: 

·        Saída dende Ourense en Autobús  as  8:30 horas.

·        Saída dende Ribadavia, Castelo de Ribadavia, as 9:00 da mañán.

·        Parada para tomar café., sobre as 9:45

·        10:45 chegada o Santuario Nosa Sra. da Peneda.

·        11:00 Visita ó lugar e comenzo dunha ruta: A Peneda - Meadinha ou outra.

·        13:30 Chegada a Castro Laboreiro. Visita ó lugar.

·        14:30 Comida no Restaurante Miracastro. (Entrantes, Bacallau, Cabrito, postres, Bebidas e café)

·        Pola tarde despois de comer e descansar ou pasear regreso por Ribadavia.

     Si queres disfrutar desta andaina tes que ingresar o importe de 37 euros  na conta que Exaprin ten en Caixanova en Ribadavia, indicando no ingreso o nome da persoa que vai a participar. A conta e o número 

ES77 2080   5332   87   3040032481.

 A fecha tope de anotarse será  o 15 de outubro.

Saúdos: Secundino Lorenzo. Presidente da Asociación C. Exaprin Ribadavia

 

Posible ruta que faremos na Peneda: Na Peneda e pola mañán plantexamos dúas rutas

1.- Ruta Santuario-Lagoa de Meadinha e regreso.

2.- Quedar na Peneda e facer visita dende o río da Peneda  ata o Santuario, seguindo o Viacruces.

Comentario:

A 1ª ruta é bastante dura cunha subida constante,  practicamente toda ata chegar a Lagoa de Medinha (2 km.). Eu fíxena e levoume casí dúas horas subir a Presa da Lagoa de Meadinha. O camiño está empedrado e salvo en tres lugar que a auga fixo falcatruadas o resto está ben. Houbo un incendio fai pouco na parte alta que non afecta o camiño, si a paisaxe.

A baixada ten peligro pero menos do que pensamos, xa que o empedrado é moi bon. En algúns lugares hai auga e eso resulta peligroso. Hai que extremar as precaucións o baixar.

Fundamental boas botas, no valen as zapatillas, o bastón axuda o que acostumbre a levalo. Levar bebida e algo de fruta para comer de vez en cando.

O resto si merece a pena, por suposto o subir vanse vendo as distintas paisaxes, incluso as distintas escaladas da Peneda, as que se vai polo mismo lugar. Unha pasada.

Arriba pura natureza marabillosa.

Pódese seguir na Lagoa e dar a volta o redor, sería 1/2 hora máis

 

Observar que  ten un máximo de 4,85 km. pero pode facerse ata onde se queira. A ferbenza hai unha distancia de  1,2 km. a Ponte 1,4, a Lagoa da Meadinha  1,9 km. Máximo dúas horas. Pásase de 741 m. a 970 m. as paisaxes son incribles.

Ollo, si pulsades no icono verde co punto negro tendes moita máis información da ruta. Esta é unha característica de wikiloc, da que son usuario.

Este é o noso mapa

Outro detalle da andaina.

Así é o camiño, tipo calzada romana, empedrado e coidado. As últimas choivas fixeron dano en algúns lugares.

Para facerse unha idea.

Un "selfie"  dos que subimos, vamos... un autoretrato. Costou moito, pero mereceu a pena...

Unha ponte xa na cima. A vexetación moi bonita e a paisaxe moi boa. O río vivo, eso quere decir moito...

Lagoa de Meadinho á vista. En realidade fixeron un pequeno encoro que recolle varios regatiños da montaña.

Lagoa do Meadinho. Nós dende logo mexamos pero fora da Lagoa...

Alí estuven, esta é a proba.

---------------------------------------------------------

Lugar onde comemos, sobre as 14:30, por suposto xa en Castro Laboreiro e por certo o mismo menú que está encargado para o día 17.

 

 

Volver a IX Andaina.

-------------------------------------------

 

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces